"Ulla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 174.

  • PERSOEIRO

    Escritor malaio. A súa obra está considerada como tránsito da literatura malaia antiga á moderna. Autor dunhas memorias tituladas Hikayat Abdullah (1845) e dun diario de viaxes Kesah Pelayaran Abdullah.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano hachemita da Transxordania (1921-1951) deposto como Rei de Iraq en favor do seu irmán (1921) e nomeado polos británicos Emir da Transxordania (1923-1946). Durante a Segunda Guerra Mundial solicitou aos países islámicos o apoio ao bando dos aliados. Proclamado Rei de Xordania despois de que Gran Bretaña lle outorgara a independencia (1946), trocou o nome polo de Reino Hachemita de Xordania. Acusado por membros da Liga Árabe de aceptar a existencia do estado de Israel e a repartición de Palestina, morreu asasinado por terroristas palestinos. Sucedeuno o seu fillo, Talāl I de Xordania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monarca do Reino de Xordania (1999). Neto de Abdullah I, iniciador da dinastía hachemita, converteuse no seu cuarto monarca ao suceder ao seu pai Hussein I ao finar este en xaneiro do 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político caxemirés. Fundou, no 1938, a Conferencia Nacional defensora dos dereitos da maioría musulmana. Trala escisión entre Paquistán e a India (1947), en principio favorable para a India, foi Primeiro Ministro da Caxemira (1948-1953). Debido á súa actitude favorable á independencia de Caxemira foi encarcerado (1953-1964). Despois do seu exilio (1971-1972), volveu ser Primeiro Ministro de Jammu e Caxemira (1975-1977 e 1977-1982) e líder do National Conference Party.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Observar, interesarse ou entremeterse no alleo con disimulo e sen ser visto.

    2. Provocar nunha persoa molestias, desgustos ou sensacións semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Brotar ou saír auga.

    2. Desprender líquido ou supurar os cascos das vacas.

    3. Formar nun terreo lameiros ou pozas por mor da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer os líquidos burbullas que saen á superficie.

    2. Nacer a auga da terra ou ferver impetuosamente facendo burbullas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘acolá’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político somalí. Foi funcionario da administración fascista italiana (1929-1941), presidente da independentista Liga dei Giovani Somali nos períodos 1954-1956 e 1958-1959. Presidiu a asemblea lexislativa da administración colonial (1956-1960). Malia desenvolver cargos na administración colonial, foi Presidente do novo estado independente e unificado de Somalia desde 1960 a 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, pero que pode estar feita doutros materiais, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, cordel, etc, usada para coser e bordar, ou sen burato se se usa para facer punto.

      2. Nas máquinas de fabricación de xéneros de punto, peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla.

      3. agulla de bordar

        Agulla, xeralmente máis fina e máis curta ca a de coser, empregada para bordar; pode ter máis dun ollo para enfiar diversos fíos.

      4. agulla de cardar

        Cada unha das agullas que ten a gornición do aparello que serve para cardar.

      5. agulla de cego

        Agulla que ten o corpo partido en dirección á punta para poder introducir o fío, sen enfiala.

      6. agulla de coser

        Agulla recta, alongada ou en forma de fuso, acabada en punta, que serve para coser todo tipo de roupa.

      7. agulla de debuxo

        Barriña collida ao punto dun debuxo jacquard para que se suxeite no dispositivo do leito.

      8. agulla de embalar

        Agulla grosa, de punta recta ou curva, empregada para coser tea de embalaxe.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido procedente dun alcume que, na súa orixe, se lle aplicou a un individuo que probablemente tiña por profesión a xastrería. Procede do latín acucula. Este apelido xa se documenta no s XIII: “Nuno Agulia” (doc ano 1246, El Monasterio de San Esteban de Ribas Sil de E. Duro Peña, p 280), “Johan Agulla” (doc ano 1299, História do galego-português. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI de C. de Azevedo Maia, p 212).

    2. Liñaxe que estableceu casas nas vilas de Pontevedra, Cambados, O Porriño e outras comarcas dos arredores. As súas armas traen, en campo de sinople, tres peixes agulla de prata coa cabeza cara a arriba. Outras variantes levan, en campo de sinople, cinco peixes agulla de prata, dereitos e postos en faixa; o bordo é de ouro e vai cargado de cinco follas de figueira de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, escritor e deseñador gráfico. Secretario da Asociación de Escritores en Lingua Galega (1985-1987) e colaborador en revistas literarias (Dorna, Carel, Grial) e prensa (A Nosa Terra, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, O Correo Galego). Comeza a súa andaina literaria no 1981 cun libro de poemas titulado Cántigo onde predomina unha temática amorosa que logo xirará cara ao compromiso social no segundo poemario Ensoños de Breila (1982). No 1984, sae do prelo o volume Aquí fican melodías, recompilación da súa produción poética á cal engade os poemarios Folerpas de inverno e Poemas ideográficos, conxunto de poemas inéditos que presentan renovacións no plano formal. Como dramaturgo ten as pezas Era unha vez o mundo do envés (1985) e A Caeira (1985) e unha obra curta inédita titulada O vendedor de estrelas. No eido da narrativa infantil publicou A viaxe alucinante de Peter o cosmonauta (1986),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Campobecerros, concello de Castrelo do Val, de 1.216 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Necrópole de Girona representativa da Cultura dos Campos de Furnas do NL da Península Ibérica, que permite analizar a evolución desta cultura dende o 850 ata o 600 a C, constatando o impacto foráneo doutras culturas e o desenvolvemento final da metalurxia do ferro, e os contactos coas colonizacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de azur, unha aguia da súa cor natural, enredada de ouro. Pode aparecer coa forma castelanizada Agujares

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mergullón pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO