"Ursus" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina, equivalente a ‘sucesión’ ou ‘carreira dos honores’, que se empregaba para designar a orde na que debía efectuarse, forzosamente, a carreira política en Roma, as condicións para ocupar as maxistraturas e os cargos públicos aos que podía acceder un patricio. A organización do sistema comezou a partir da Lei Villia (180 a C) que ditou as normas para acceder á carreira de honores: situou a idade mínima nos vinte e sete anos; estableceu o paso pola sucesión das maxistraturas curuis (cuestura, edil curul, que non era obrigatorio, pretura e consulado); e fixou o intervalo legal de dous anos entre as maxistraturas sucesivas. O Senado era o encargado do control estreito das carreiras, pero os diferentes comicios podían producir derrogacións nos cargos. Na época de Mario, a finais do s II, comezáronse a producir sistematicamente transgresións nas súas regras. Tralo período das guerras civís, Augusto reorganizou o sistema: o primeiro cargo era o virginviratus civil, ao que...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade especial da organización rítmica da frase ou período que busca un reforzamento do equilibrio dos distintos membros mediante a distribución dos acentos nas palabras finais de cada un. Empregouse na prosa latina como substituto da disposición rítmica das cláusulas segundo a cantidade. Trátase dun recurso para incrementar a expresividade nos remates das frases e períodos. No s XI, constituíu o estilo normativo para os escribáns da curia romana, baixo o pontificado de Gregorio VIII. Na adaptación do ritmo cuantitativo ao acentual seguíronse tres modelos de distribución acentual básicos: o chamado cursus planus, que combinaba polisílabo e trisílabo; o cursus tardus, composto a partir de polisílabo grave e tetrasílabo esdrúxulo; e o cursus velox, suma de polisílabo esdrúxulo e trisílabo grave, aos que se lle engadiu posteriormente o cursus trispondaicus, a partir de polisílabo e tetrasílabo grave. O esquema resultante de catro cursus constitúe a base formal da retórica medieval e renacentista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edición xeral das obras dos Padres gregos, preparada por Jean-Baptiste Pitra e realizada por Jacques-Paul Migne en 161 volumes (1857-1866). Comprende todos os escritos cristiáns gregos ata o Concilio de Florencia (1439), co texto orixinal e a versión latina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edición de todos os escritos cristiáns latinos ata Inocencio III (1216), en 217 volumes e con tres de índices (1844-1855), por iniciativa e baixo a dirección de Jacques-Paul Migne. Comprende 2.614 autores e escritos anónimos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos carnívoros, da familia dos úrsidos, ao que pertencen algúns osos.