"Valcarce" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 27.
-
GALICIA
Poeta. Dominaba a versificación e a metáfora. Escribiu un poema latino en honor do humanista Álvaro Cadaval Valladares de Sotomayor. Segundo Murguía, escribiu o tratado De sacramentis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo franciscano de orixe lucense. Foi fundador de varios conventos e preparou o Capítulo Xeral de Tolosa. Foi discípulo de san Boaventura e escribiu unha obra sobre cuestións metafísicas que se atribuíu erroneamente a Duns Escoto.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director teatral. Comezou a súa actividade no grupo de teatro da Universidade Laboral da Coruña no ano 1976 e posteriormente participou en numerosos grupos como Danthea, Escola Dramática Galega, Ollomol Teatro Submarino, O Moucho Clerc, Teatro do Atlántico, Centro Dramático Galego, Teatro do Aquí, Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Con estas compañías traballou en diversos espectáculos como Os perxuicios do tabaco, de Chejov (1976); Adeus Madelón, de Manuel Lourenzo (1987); Moleques, de Marcos Orsi (1989); O Rousinhol da Bretanha, de Quico Cadaval (1991); Historia de Neera, de Roberto Salgueiro (1990); O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro (1991); Anxeliños, de Vidal Bolaño (1997); Para ser exactos, creación do grupo Ollomoltranvía (1997); Commedia (un xoguete para Goldoni) (1993) e Raíñas de pedra (1994), ambas as dúas de Cándido Pazó; tamén participou na representación de Clownfutbol...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portorriqueño. Participou na Guerra de Corea e alí foi correspondente. Premio Nacional del ministerio de Cultura de Tradución publicou, entre outras obras, El asedio y otros cuentos (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prehistoriador e arqueólogo. Catedrático de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela (2000), especializouse no estudo do fenómeno megalítico desde que defendeu en 1990 a súa tese de doutoramento sobre Estudio de los ajuares líticos de las sepulturas megalíticas del NO: Galicia y el N de Portugal (1991). Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium, Gallaecia, Arqueohistórica e BAR International Series. Das súas obras destacan Megalitismo de la Península Ibérica. Tipología y secuencia de los materiales líticos (1992) e Arqueoloxía da morte na Península Ibérica, desde as orixes ata o medievo (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástica. Formouse na Escuela de San Fernando (1961-1964) e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid (1966). Especializouse no traballo con materiais refractarios e pertenceu ao Instituto de Cerámica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Realizou exposicións individuais en Madrid, París e A Coruña. A súa obra está presente no Museo de Arte Contemporáneo de Madrid e no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Licenciado en Teoloxía na Universidad Pontificia de Comillas (1950), ordenouse sacerdote ese ano e foi nomeado vicechanceler do bispo en 1952. Secretario xeral do Bispado de Lugo desde 1981, é cóengo arquiveiro e encargado do Museo Diocesano-Catedralicio de Lugo. Das súas obras destacan Historias Lucenses (1975) e Nosa Señora do Faro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Promotor da reforma educativa en Galicia, pertenceu ao colectivo Cravo Fondo. As súas composicións poéticas reflicten unha introspección reflexiva sobre o propio devir, estruturadas segundo os parámetros dos contos fantásticos de estilo clásico. Á súa novela iniciática Pulsando la ciudad atormentada (1975), séguelle Tránsito (1984), a súa primeira obra en galego, onde amosa vivencias estudiantís na cidade compostelá. Posteriormente, tirou do prelo Contos nocturnos (1985), os libros poéticos Emaín (1985), Rosa clandestina (Premio Leiadoura 1989) e Areas de fondo (1992) e as novelas O capitán Lobo Negro (Premio da crítica Española 1996) e Os ollos do sentinela (1997). Como ensaísta publicou a triloxía formada por Práctica sentimental (1997), Dialéctica Sentimental (1997) e Animal Sentimental (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e procurador dos tribunais. Membro dos colectivos Cravo fondo e De amor e desamor, parte da súa obra poética está recollida en diversas antoloxías, como Antología de la poesía gallega última (1991). Das súas obras destacan Víspera do día (1979), Alba de auga sonámbula (1983), Agosto (1989), Anel de mel (1993), Campo de Marte (1999), No corazón de Galicia: viaxe polas terras de Chantada e A Ulloa (2001) e Historias del Campo de Marte (2002). Recibiu o Premio Nacional de Poesía (1972), o Premio Celso Emilio Ferreiro (1979) e o Premio de la Crítica Española (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Coñecida como Maruxa Orxales, foi colaboradora de publicacións como La Estafeta Literaria ou Galicia en Madrid. Introducida no mundo literario por R. Otero Pedrayo, deu recitais poéticos por diversos lugares de España, algúns deles acompañada por Celso E. Ferreiro. A súa obra poética, marcada pola fantasía, a sinxeleza e, sobre todo, a sinceridade, está adornada de ricas metáforas. Da súa produción destacan Te he perdido. Para tí mis palabras (1971), Viviendo en amor (1974), Caminos (1975), Elesmiel (1989), Se apagará esta luz? (1992), Hombres para el milagro (1999) e Vientos de amor (2004). Tamén son importantes os libros de sonetos Iris de paz en mi brumoso cielo e A fonte secreta. Recibiu a Vieira de Ouro (2000) e o Premio de Poesía Rincón Azul.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou obras de poesía, novela e libros de viaxes. Coordinador do volume poético En tránsito: poesía galega en Madrid (2001), xunto con Vicente Araguas, participou nos volumes colectivos Intifada (1989) e 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001). Colaborador de Encrucillada, Luzes de Galiza e O Correo Galego, da súa produción destacan Poemas da cinza (1990), onde amosa sobre todo sinceridade nun marco de continuas referencias á realidade cotiá; Todo morte (1998), Sobremesa (1999), Rosa íntima (2000), Inventario de fragmentos (2001, Premio Rosalía de Castro) e Libro das viaxes (2002). Gañou a IX edición do premio de relatos Casa de Galicia de León con “Día de inverno” (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador do cine. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi responsable da Filmoteca de Galicia e profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Pioneiro na investigación da historia do cine en Galicia, publicou numerosos traballos sobre as orixes do espectáculo cinematográfico en Galicia, como El cine en Galicia durante la Segunda República (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cabaleiro. Deu nome, xunto coa ponte sobre o Eume, ao concello das Pontes de García Rodríguez, despois de que Enrique II de Castela lle concedera, en 1376, o señorío do concello, no que construíu un castelo xa desaparecido. Posteriormente recibiu tamén o señorío de Santa Cruz e San Xurxo de Moeche.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Foi maxistrado da Audiencia Territorial de Madrid e do Tribunal Supremo. Foi membro de número do Instituto Español de Derecho Procesal e colaborador e conselleiro da Revista de Derecho Procesal. Escribiu El denominado Derecho Foral Gallego y su compilación (1961). Recibiu a gran cruz de San Raimundo de Peñafort (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. Este nome de lugar xa se documenta na Idade Media como valle carceris ‘val encaixado’. O apelido documéntase desde o s XIV: Garcia Rodrigues de Valcarcere (s XIV, Galdo, páx. 254), Joseph Balcarce (ano 1752, Catastro da Coruña, páx. 58), Manuel Balcarcel (ano 1752, Catastro de Santiago, páx. 127), Cathalina Valcarcel (ano 1752, Catastro da Coruña, páx. 121). Presenta as variantes Balcarce e Valcárcel.
-
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como Diario de Pontevedra, Galicia Recreativa e El Ideal Gallego, escribiu a novela María, o libro de poemas Flores de espino (1900), o estudo La redención de foros (1907), e os dramas Luchar con el corazón (1884), El gran proyecto (1888), Pontevedra en el siglo XX (1891), Siluetas (1893), Palique (1901), Una noche en el infierno (1906) e Soledad (1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Valcarce.
-
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, cinco paus de sinople, recurtados e o pé fixado, como estacas. Outro trae, en campo de goles, cinco paus de ouro, saíntes do bordo superior do escudo e fixados, tocando o bordo inferior da punta. Outro, en campo de ouro, catro paus, dous de goles e dous de sinople, alternando, saíntes do bordo superior do escudo, e fixados tocando o bordo inferior.
-
-
GALICIA
Xurista. Doutor en Dereito Mercantil, Economía e Estatística, foi secretario do Consello Superior das cámaras de comercio. Foi candidato a Cortes polas Irmandades da Fala (1918). Publicou Poesías (1917), O municipio galego (1917) e Cámaras de comercio, industria y navegación (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia Contemporánea, especializouse na historia política dos anos 1900-1936 e no galeguismo, ademais de temas relacionados cos medios de comunicación galegos e coa obra dos escritores ourensáns. Foi presidente fundador do Clube Cultural Alexandre Bóveda de Ourense. Das súas obras destacan, ademais da súa colaboración en diversos xornais galegos, A prensa en Ourense e a súa provincia. Catalogación e estudo (1987), Ramón Otero Pedrayo, vida, obra e pensamento (1988) con X. R. Quintana, A cidade da xeración Nós (1996); a edición crítica de O libro dos amigos (1997) de R. Otero Pedrayo, Eladio Rodríguez González. Vida e obra (2001) e Xaquín Lorenzo. Vida e obra (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Licenciado en Belas Artes nas especialidades de restauración e pintura (1981), ampliou os seus estudos no campo do deseño gráfico e do deseño de interiores e decoración. Realizou paisaxes, retratos e bodegóns, de carácter realista, e gravados.
VER O DETALLE DO TERMO