"Valentín" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 36.

  • PERSOEIRO

    Político e xurista arxentino. Opositor a J. M. Rosas, tivo que exiliarse a Montevideo. Ao retornar do exilio, foi elixido Gobernador de Bos Aires (1852-1857), senador (1861) e Presidente do Senado (1867). Redactou o Código Penal do 1862.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista ruso. Emigrou a París e dirixiu unha revista de oposición. O esencial da súa obra constitúeno novelas sobre a intelligencija rusa de fins do s XIX e sobre problemas como o da prostitución: Marja Susjevna (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor, escritor, tradutor e ensaísta. Diplomado en Maxisterio, exerceu como mestre e participou no movemento agrícola cooperativista de Lugo, organizando unha Cooperativa Escolar de Producións Hortícolas (1968-1969). Dende 1969 e ata a súa xubilación en 1994, exerceu a docencia na Escola de EXB de Sárdoma (Vigo). Traballou na Fundación Penzol e foi xerente da editorial Galaxia. Foi tamén colaborador na prensa diaria (El Progreso) e revistas (Grial).
    É autor, entre outros, dos seguintes títulos: A lingua galega na escola (1970); Lecturas galegas (1972); A escola rural en Galicia (1975); Lois e Sabela (1983); Catro nenos (1984); En galego sen erros (1991); Prontuario ortográfico de galego (1993). Traduciu ao galego entre outros títulos: A guerrilla antifranquista en Galicia, de Hartmut...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e dramaturgo italiano. A temática do seu teatro é a angustia existencial. Publicou as pezas: Paura di me (Medo de min, 1951) e Lamento d´Orfeo (Lamento de Orfeo, 1961). Fundou a editorial Bompiani (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, arqueólogo e escritor. Discípulo de Maella e José Madrazo, viviu en Italia entre 1822 e 1831, onde adquiriu sona como retratista. A súa obra caracterízase por un neoclasicismo de carácter realista pero con elementos de sensibilidade romántica que plasmou en El príncipe de Anglona. Entre os seus escritos destacan Iconografía Española (1855-1864) e diversos artigos sobre Goya e en defensa do romanticismo. Foi membro da Academia de San Fernando e da Academia de Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Discípulo de Vicente Díaz y González, participou en diversos certames e exposicións en España e no estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Graduada en Psicorientoloxía pola University of Laredo (Texas), realizou cursos de dereito na Université de La Sorbonne e de socioloxía en Helsingor (Dinamarca). Residiu en Suíza (1972-1975), onde ocupou o cargo de secretaria da Federación de Entidades Españolas dos cantóns de St. Gallen e Appenzell. Ao seu regreso integrouse na política local de Vilagarcía e ocupou a secretaría xeral da Xunta local do PP. Foi deputada do Parlamento galego, polo PP, na IV lexislatura (1993-1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Estudiou humanidades no seminario diocesano da súa vila natal e fixo carreira militar na que acadou o grao de capitán do VIIº Rexemento de Navarra na Terceira Guerra Carlista. En 1872 sufriu cadea no castelo de Santo Antón da Coruña e, posteriormente, exiliouse a Francia e Cuba, onde formou parte do consello de redacción da revista Follas Novas, na que inseriu colaboracións en castelán centradas en temas sociais e políticos e en figuras sobranceiras da historia de Galicia. Nesa mesma publicación deu a coñecer a novela A Besta! asinada co pseudónimo Xan de Masma. A obra publicouse por entregas entre o 29 de xaneiro e o 24 de decembro de 1899, a primeira parte, e entre o 7 de xaneiro de 1900 e o 30 de decembro dese mesmo ano, a segunda. Consta de catro partes: dúas pseudoensaísticas, o prólogo e o epílogo, nas que teoriza sobre o naturalismo incorporando postulados de Émile Zola e seus propios sobre o tema; e dúas propiamente narrativas, a primeira composta por catorce...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Dirixiu o Teatro de San Carlos de Lisboa e foi mestre de capela de San Pedro de Roma. Destacou como autor de óperas bufas. O seu fillo Vincenzo Fioravanti (Roma 1799 - Nápoles 1877) tamén escribiu óperas bufas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi accionista do Banco de San Carlos e da Real Compañía de Filipinas e cónsul de España nos EE UU. Residiu en Galicia de 1811 a 1815, data na que foi desterrado tras ser xulgado polas súas ideas liberais. Nos seus escritos expuxo a súa teoría económica antimercantilista e antifisiocrática, seguidora dos principios librecambistas de A. Smith. Escribiu Cartas sobre materias político-económicas (1788-1789) e Cartas sobre los asuntos más exquisitos de economía política (1794).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Secretario Xeral de Política Lingüística. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou mestrado en Administración Local na mesma universidade. Foi responsábel do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada (1994-2011) e presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) dende 1996 ata o 2002. En 2011 asume a coordinación técnica da Rede de Dinamización Lingüística e en xaneiro de 2012 foi nomeado Secretario Xeral de Política Lingüística. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación e diplomouse en Comunidades Europeas na Escola Diplomática. Director de Ibisa Televisión SL, escribiu, entre outros guións, El bosque de piedra (1996), O sal da terra: unha historia do sindicalismo galego (1997) e Los secretos del camino (1999). Obtivo o Premio de Novela Blanco Amor (1990), coa novela Riosil, e o Premio Galicia de Comunicación (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario. Coñecido como El Campesino, foi mineiro e afiliado do PCE. Durante a Guerra Civil estivo ao mando da 46ª División na Batalla de Brunete e durante a Batalla do Ebro integrou a súa brigada no 5º Corpo do Exército. Acabada a guerra, trasladouse a Alxeria e despois exiliouse na URSS, onde pola súa posición crítica foi encarcerado nun campo de concentración. Tras fuxir a Francia, regresou a España en 1978. Publicou Vida y muerte en la URSS, 1939-1949 (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Comezou a escribir poesía en ruso desde moi novo, baixo a influencia de Ivan Bunin. Loitou na Primeira Guerra Mundial e durante a Guerra Civil foi membro do Exército Vermello. Escritor popular e dotado dun gran sentido do humor, foi autor dunha das máis importantes novelas do realismo socialista soviético, Vrem’a, per’od (Tempos, adiante, 1932). Posteriormente, publicou outras novelas e narracións, ademais de teatro. En 1961 recibiu o Premio Lenin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Coñecido polo seu labor xornalístico, poético e narrativo, e incluído na denominada Xeración de 1868, foi un dos autores máis significativos do Rexurdimento galego. Na súa obra destaca sobre todo a súa defensa de Galicia, da súa lingua, das súas xentes e costumes, e o recordo a todas aquelas persoas que loitaron por ela. En 1871 marchou a Santiago de Compostela para iniciar os seus estudios de medicina, cidade en que comezou a súa andaina como xornalista dirixindo a revista La Aurora de Galicia. Aproveitou a súa estadía na capital galega para publicar Flores de ayer (1871), que dedicou á súa nai, e La monja de San Payo (1871), en agradecemento ao seu tío Pedro Carvajal. Ao ano seguinte viu a luz a colección de lendas El Cancionero del Miño. Leyendas y tradiciones de Orense. De regreso a Ourense (1874), comezaron as súas colaboracións no semanario El Heraldo Gallego, que pasou a dirixir meses despois e no que deu a coñecer...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Estudiou as enfermidades mentais, o alcoholismo e a epilepsia. Destacan as súas obras Étude expérimentale et clinique sur l’alcoolisme (1871), Recherches sur les centres nerveux (1876) e Traité sur les maladies mentales (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra, que se basea tematicamente en experiencias persoais íntimas, perseguiu unha clase de purificación e liberdade baixo unha experiencia total do sexo e converteuse nun defensor da liberdade literaria e individual. Da súa produción destacan Tropic of Cancer (1934), Black Spring (1936), Tropic of Capricorn (1938), The Air-Conditioned Nightmare (1945), The Smile at the Foot of the Ladder (1948) e a triloxía Rosy Crucifixion (Sexus, 1949; Plexus, 1952; e Nexus, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi secretario e presidente da Xunta Provincial carlista de Ourense, onde fundou os xornais La Voz del País e La Lealtad, de escasa duración. Publicou tamén algúns contos, dos que destacan Una venganza, El verdugo de sí mismo e Infortunio y caridad, e artigos como “La Orden del Temple y Clemente V” (1880) e “Ilustres mendigos” (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e matemático ucraíno. Na obra Procedementos para a medida dos gastos e os seus resultados nunha economía socialista para determinar a eficacia das novas técnicas (1958) introduciu elementos como a escaseza e a eficacia para seleccionar os investimentos que hai que realizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, político e escritor. Licenciado en Dereito (1921) pola Universidade de Santiago de Compostela, o seu interese pola literatura comezou grazas á influencia do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade, quen lle presentou a Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra. Durante a súa etapa formativa iniciouse no movemento galeguista participando na II Asemblea Nacionalista (1919) de Santiago de Compostela, e foi colaborador do xornal Gaceta de Galicia. Presidiu o Grupo Autonomista Gallego (1930) e foi militante do Partido Galeguista, do que foi nomeado secretario (1934). Foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e posteriormente en 1936, se ben non foi elixido. Ademais, colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia (1936) e publicou diversos artigos políticos en El Pueblo Gallego. Co estalido da Guerra Civil Española axudou a fuxir a diversos intelectuais galeguistas e defendeu a outros das condenas que lles eran impostas. Posteriormente,...

    VER O DETALLE DO TERMO