Arias López, Valentín
Profesor, escritor, tradutor e ensaísta. Diplomado en Maxisterio, exerceu como mestre e participou no movemento agrícola cooperativista de Lugo, organizando unha Cooperativa Escolar de Producións Hortícolas (1968-1969). Dende 1969 e ata a súa xubilación en 1994, exerceu a docencia na Escola de EXB de Sárdoma (Vigo). Traballou na Fundación Penzol e foi xerente da editorial Galaxia. Foi tamén colaborador na prensa diaria (El Progreso) e revistas (Grial).
É autor, entre outros, dos seguintes títulos: A lingua galega na escola (1970); Lecturas galegas (1972); A escola rural en Galicia (1975); Lois e Sabela (1983); Catro nenos (1984); En galego sen erros (1991); Prontuario ortográfico de galego (1993). Traduciu ao galego entre outros títulos: A guerrilla antifranquista en Galicia, de Hartmut Heine (1980); A volta ao mundo en oitenta días, de Jules Verne (1983); Diego Xelmírez, de Gordon Biggs (1983); Voo de noite, de Antoine de Saint-Exupéry (1989); O xardín, de Marguerite Duras (1989); Os galeóns de Rande, de Robert Sténuit (1989); O enxeñoso Fidalgo don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes Saavedra; O conto da serea, de Gonzalo Torrente Ballester (1994); e Contos á máquina, de Gianni Rodari (1995).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vilerma, Sarria -
Falecemento
Lugar : Sarria