Alleröd

Alleröd
[CLIMAT]

Última oscilación tépeda da glaciación Würm IV, que comeza cara ao 11.800 BP e dura uns 1.000 anos, ata a chegada da fase fría Dryas III. Ben definido nos cadros polínicos (aumento das termófilas en xeral, aínda que se produce unha gran diversificación rexional) e nos cambios faunísticos (definitiva desaparición en Centroeuropa do reno e mamut). Durante esta oscilación prodúcese o final do Paleolítico superior (Madalenense final, Hamburguense, etc) e comezo do Mesolítico (Azilense, Ahrensburguense, etc).