"Valladolid" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congregación de monxes beneditinos creada trala fundación do mosteiro de San Benito de Valladolid en 1390, baixo a protección de Xoán I. Agrupou os mosteiros e abadías beneditinas en Galicia e Castela e León baixo a autoridade dun superior xeral, elixido durante o Capítulo da orde, feito que marcou o comezo dunha etapa de esplendor do monacato nestes territorios. Os mosteiros galegos, cos seus correspondentes priorados, incorporáronse á congregación entre 1493, data na que se adheriu San Martiño Pinario, e 1547, na que se incorporou San Xoán de Poio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chancillería.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Castela e León, capital da provincia homónima, situada no centro de La Meseta, á esquerda do Pisuerga (316.580 h [2001]). É un centro industrial metalúrxico do aluminio, químico, alimentario, téxtil e do automóbil. É tamén centro de ensino superior e sé do arcebispado. Foi capital política de Castela grazas aos foros e privilexios reais. Filipe III converteuna en capital de 1600 a 1606, mais o traslado da capitalidade a Madrid e o incendio de 1561 marcaron o inicio da súa decadencia. Filipe III converteuna en capital de 1600 a 1606. O conxunto histórico de Valladolid foi declarado BIC en 1978. Destacan a catedral de Nuestra Señora de la Asunción (BIC, 1931), a igrexa de Santa María la Antigua (BIC, 1897), o mosteiro de Santa María de las Huelgas (BIC, 1931) e o colexio maior Santa Cruz (BIC, 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Castela e León, formada por 225 municipios (8.345 km2; 498.094 h [2001]). A súa capital é Valladolid. Posúe un hábitat concentrado aínda que existen algunhas vilas e aldeas dispersan onde se conservan as casas tradicionais. Ademais da capital, destacan os núcleos de Medina del Campo (19.907 h [2001]), Laguna de Duero (19.013 h [2001]) e Tordesillas (8.045 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e a gandaría. As principais industrias dedícanse á elaboración e procesamento de produtos agropecuarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tregua asinada en Valladolid o 7 de decembro de 1453 entre Xoán I de Navarra (futuro Xoán II de Aragón) e o seu fillo Carlos de Viana por intervención da raíña María, que lle valeu a liberdade a Carlos.