"Vanguard" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual aparecida na Coruña en abril de 1935 e que desapareceu en xullo de 1936 (só se publicaron oito números). Francisco Díaz Sánchez, mestre na escola de Iñás, foi un dos seus impulsores. Nel tamén colaboraron, entre outros, Xosé Toba Fernández, Manuel Díaz Rozas e Xosé Peinado Altabre. Foi o órgano de prensa da Sociedad de Renovación Pedagógica Vanguardia Pedagógica (1934). Nas súas páxinas recollíanse artigos de opinión, de información e orientación pedagóxica, e referencias á dinámica educativa na provincia da Coruña e á política educativa republicana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de mulleres de ideoloxía anarquista que actuou na Coruña entre 1933-1935, e integrado na FAI. Entre as súas compoñentes destacan Sebastiana Vitales, retornada de EE UU, e a sindicalista Laura López. Na Fronte Popular, o grupo converteuse no xermolo da organización Mujeres Libres da Coruña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución pedagóxica de orientación galeguista creada na Coruña en 1934. Os seus membros fundadores foron Mª Luísa Vicente, Gustavo Díaz Sánchez, que ademais a presidiu, Xosefina Teijeiro Orosa, Manuel Díaz Rozas e Xosé Toba Fernández. Chegou a reunir uns 200 mestres, dos que destacaron Marcelino Pedreira -animador das colonias escolares da Coruña- e Francisco Vales Villamarín -impulsor do Museo Pedagóxico Rexional-. A partir de abril de 1935 comezou a editar o seu propio Boletín de Vanguardia Pedagógica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto de EE UU, feito público en 1955, destinado a colocar en órbita o primeiro satélite artificial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal vespertino publicado en Lugo entre 1931 e 1933. De tendencia republicana, liberal e laica, os seus fundadores e propietarios foron os irmáns Correa Calderón, que orientaron o xornal cara á información cultural e educativa. Contaron cunha destacada nómina de colaboradores, como Alexandre Bóveda, R. Otero Pedrayo, R. Suárez Picallo e Castelao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de información xeral publicado en Barcelona a partir do 1 de febreiro de 1881. Fundado polos irmáns Carlos e Bartolomeo Godó para apoiar o Partido Liberal en Barcelona, en 1887 fíxose cargo do xornal Ramón Godó, quen acometeu unha primeira reforma do xornal: abandonou a súa filiación partidista, reorientouno cara á burguesía catalá e imprimiulle maior axilidade informativa. O xornal quedou en mans dun comité anarquista durante a Guerra Civil. Recuperada a propiedade pola familia Godó tras o conflito, foi dirixido por Manuel Aznar co subtítulo “Española” durante o Franquismo. O 3 de outubro de 1989 acometeu unha nova reforma e incorporou a cor ás súas páxinas.