Institución Vanguardia Pedagógica
Institución Vanguardia Pedagógica
Institución pedagóxica de orientación galeguista creada na Coruña en 1934. Os seus membros fundadores foron Mª Luísa Vicente, Gustavo Díaz Sánchez, que ademais a presidiu, Xosefina Teijeiro Orosa, Manuel Díaz Rozas e Xosé Toba Fernández. Chegou a reunir uns 200 mestres, dos que destacaron Marcelino Pedreira -animador das colonias escolares da Coruña- e Francisco Vales Villamarín -impulsor do Museo Pedagóxico Rexional-. A partir de abril de 1935 comezou a editar o seu propio Boletín de Vanguardia Pedagógica.