institucionalismo
institucionalismo
(
s
m
[ECON]
Doutrina caracterizada por resaltar o papel asignado ás institucións á hora de explicar os fenómenos económicos. Desenvolvida principalmente en EE UU no período 1890-1929, naceu da convicción de que as institucións orientan e limitan a actividade económica e que, polo tanto, non pode reducirse esta a un simple resultado dun cálculo racional e individual.