"Veracruz" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Veracruz, México, situada na costa do golfo de México (457.377 h [2000]). Destaca a actividade do seu porto de mar e a industria do calzado, alimentaria, química e de construcións navais. Fundada por Hernán Cortés en 1519 co nome de Villa Rica de la Santa Cruz, a cidade moderna data de 1599, cando se construíu o primeiro porto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de México, limitado ao N polo estado de Tamaulipas e polo golfo de México, ao L polo golfo de México e o estado de Tabasco, ao S polos estados de Chiapas, Oaxaca e Puebla e ao O polos de Puebla, Hidalgo e San Luis de Potosí (71.699 km2; 6.908.975 h [2000]). A capital é Jalapa Enríquez. Forma unha estreita franxa de terra entre o mar e as cordilleiras da parte occidental. Os ríos son numerosos e curtos, e destacan o Blanco, o Papaloapán, o San Juan, o Coatzacoalcos e o Pánuco. O clima é tropical chuvioso. A economía baséase na agricultura e na gandaría bovina e cabalar. Hai explotacións forestais, industria petroleira e dos seus derivados, química, téxtil e do calzado. Foi habitado por tribos de cultura olmeca, totonaca e huaxteca. En 1518 Juan de Grijalva explorou a súa costa, e ao ano seguinte Hernán Cortés   fundou a súa capital. En 1824 converteuse en estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no Carballiño. Proxectada por Antonio Palacios de xeito gratuíto e financiada por subscrición popular, a súa construción iniciouse en 1943. Mesturou diferentes estilos arquitectónicos e escultóricos e concibiuse como unha grande igrexa de peregrinación medieval con xirola e capelas radiais, na que harmonizaban formas e elementos de estilos aparentemente opostos, como o románico (arcos) e o gótico (vidreiras, rosetóns). Destaca o xogo de volumes nas capelas, nas naves, na xirola e no cruceiro, sobre os que resalta a torre campanario. Os remates ameados conferíronlle un aspecto de fortaleza. Na construción dos muros empregouse cachotaría, e reservou a cantaría granítica para as esquinas e os contrafortes. Rematouse en 1957, aínda que dous anos despois continuouse con algunhas modificacións non previstas por Palacios.

    VER O DETALLE DO TERMO