"Vián" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 87.

  • PERSOEIRO

    Escritor armenio romántico. Escribiu a novela histórica de exaltación patriótica Rany Armenii (As feridas de Armenia), primeira en lingua popular e publicada postumamente (1856). Tamén cultivou a poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa agravio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condottiero (‘mercenario’) italiano. Loitou a soldo do Papa (1478), da familia Orsini (1496) e do Rei Fernando II de Aragón (1503) contra as tropas francesas polo Reino de Nápoles. No 1507 pasou ao servizo de Venecia. Prisioneiro dos franceses na Batalla de Agnadello (1509-1513), aínda estando ao servizo de Venecia, contribuíu á vitoria francesa de Marignano (1515) contra os suízos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á andrónovo.

    2. Cultura prehistórica da Idade de Bronce de Siberia Occidental que toma o seu nome da poboación de Andrónovo e que se estendeu cara ao O dos Urales entre o segundo milenio e os primeiros séculos do primeiro milenio a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anterior ao diluvio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía colombiana de aviación. Foi fundada no ano 1919 co nome de Sociedade Colombo-Alemana de Transportes Aéreos e, ao refundirse co Servicio Aéreo Colombiano (1931), tomou o nome de Avianca. É a segunda compañía de aviación máis antiga do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. É coñecido como autor de corenta e dúas fábulas en versos elexíacos, escritos nun latín decadente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Na Convención de Sucre (1843) foi elixido Presidente da República. Gobernou despoticamente e sufocou repetidas revoltas. En 1847 foi derrocado polo xeneral Belzú e exiliouse ao Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bolivia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Bolivia.

    3. A cultura prehispánica máis antiga de Bolivia é a de Tiahuanaco, localizada no Altiplano, ao S do lago Titicaca. Caracterízase por unha cerámica moi sinxela e unha arquitectura de grandes pedras (pirámide de Acapana, porta do Sol e porta da Lúa). A influencia da arte barroca española, unida a elementos indíxenas, configurou o estilo mestizo (igrexa de San Francisco, 1753-1772, igrexa de San Lorenzo, casa da moeda e igrexa de Santa Lucía). Destaca nesta época o pintor Melchor Pérez de Holguin (1600-1724). No s XIX a Arquitectura recibiu a influencia do Neoclasicismo (catedral de Potosí, 1809-1836) e no s XX a do Funcionalismo e do Organicismo. Neste século xurdiu un estilo de tendencia nacionalista, síntese da arquitectura colonial e da de Tiahuanaco. A pintura flamenga, o manierismo italiano e a escola sevillana foron as influencias máis importantes reflectidas na pintura boliviana que adquiriu importancia coa obra de Arturo Borda e Cecilio Guzmán de Rojas. No eido da escultura salienta...

    4. O inicio do cine boliviano data do ano 1912, sendo 1936 o ano no que se realizou a primeira longametraxe sonora (La guerra del Chaco). En 1953 creouse o Instituto Cinematográfico Boliviano, organismo dedicado especialmente ao xénero documental. Entre 1971 e 1981, coincidindo cun período de relativa democratización, realizáronse algúns filmes de carácter antiimperialista. Esta produción parou co comezo da nova ditadura (1980).

    5. A literatura boliviana xurdiu a partir do s XIX cos postulados románticos, destacando L. Anzoátegui e N. Aguirre, en novela, e R. J. Bustamante e M. J. Tovar, en poesía. A tradición poética botou raíces cos modernistas R. Jaimes Freyre, G. Reynolds e F. Tamayo. Máis adiante, C. Peñaranda aproveitou o antecedente e publicou o seu Cancionero vivido (1919). Na evolución poética acontecida ao longo do s XX destacan O. Campero Echazú e G. Viscarra Fabre, e a lírica de Yolanda Bedregal, formada no pensamento existencialista, con Del mar y la ceniza (1957) e El cántaro del angelito (1979). Outros poetas significativos son J. de la Vega, O. Alfaro, A. Cardona Torrico, J. Suárez, F. Rospiglioni Nieto, E. Rojas, J. Urzagasti, E. Ávila Echazu e E. Camargo Ferreira. Respecto da prosa, A. Peñaranda, que comezara como poeta, deu a coñecer as novelas Celeste (1905) e Casa solariega (1906). Máis adiante destacaron O. Cerruto con Aluvión de fuego (1935),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto e último piso do Dogger (Xurásico medio), situado sobre o Bathoniano e baixo o Oxfordiano. O estratotipo está situado en Kellaways (Wittshire, Inglaterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Caloviano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Viana e fillo do infante Xoán (futuro Xoán II) e Branca, filla do rei de Navarra Carlos III o Nobre. Morto o rei, foi proclamado príncipe de Viana, título dos herdeiros do trono de Navarra. Exerceu de gobernador xeral de Navarra entre o 1440 e o 1450. Trala morte da súa nai (1441) converteuse en rei de Navarra co nome de Carlos IV, pero unha cláusula do testamento materno impediulle exercitar o mandato mentres vivise o seu pai. Por este motivo, mantivo diversos enfrontamentos con el ata que, finalmente, o recoñeceu como primoxénito pola Concordia de Villafranca, asinada o 21 de xuño de 1461. Convertido en símbolo da oposición catalá ao autoritarismo de Xoán II, a historiografía romántica catalá converteuno nun santo e mártir co nome de Carlos de Aragón. Ao seu redor xiraba unha corte brillante e refinada. Dispuña dunha importante biblioteca e coñecía o catalán, o latín e o francés, pero a súa lingua literaria era o castelán. A súa obra máis importante é a Crónica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Traballou na catedral de Santiago de Compostela onde realizou, entre outras obras, diversos candelabros (1692), unha esclavina (1693) e unha naveta de prata (1695).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado formado pola unión de Bolivia e Perú en 1836. O Pacto de Tacna (1837) concedeu a presidencia da Confederación ao boliviano Andrés de Santa Cruz e dividiu o novo estado en tres repúblicas confederadas: Bolivia, o norte de Perú e o sur de Perú. Chile e Arxentina declaráronlle a guerra; trala Batalla de Yungay (1839) a Confederación disolveuse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de contos populares editada por Laureano Prieto en 1958. Constitúe a primeira recompilación de narracións populares publicada trala Guerra Civil. Consta de setenta e cinco relatos recollidos directamente dos informantes na bisbarra de Viana do Bolo e transcritos con fidelidade á fala vianesa, polo que se converteron nunha fonte importante para o estudo das variantes dialectais da zona. Precédeos un estudo redactado tamén na fala vianesa no que se establecen as coordenadas xeográficas, etnográficas e dialectais que corresponden á zona. A continuación, organiza os relatos en cinco apartados diferentes, baixo as etiquetas de “contos de encantamentos”, “contos exemplares e relixiosos”, “contos de bulra” (divididos en cinco grupos dependendo da clase de burla practicada ou de quen sexa o afectado), “contos varios” (sección de carácter heteroxéneo que engloba textos sen elementos comúns) e “contos de animais” (cinco relatos que se presentan como continuación dunha colección do mesmo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De ascendencia galega, escribiu en galego e portugués. Colaborou na revista de creación Távola Redonda. Publicou en galego Frauta lonxana (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cracovia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cracovia.

    3. Baile de orixe polaca que se fixo moi popular a mediados do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO