"Vilanova de Arousa" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Cibrán que dá nome ao concello de Vilanova de Arousa, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Salnés situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no N da provincia de Pontevedra. Limita ao N cos concellos de Vilagarcía de Arousa (comarca do Salnés) e Caldas de Reis (comarca de Caldas), ao S cos de Cambados, Ribadumia e Meis (O Salnés), ao L con Portas (Caldas), e ao O coa ría de Arousa. Abrangue unha extensión de 33,7 km 2 cunha poboación de 10.333 (2001) distribuída nas parroquias de András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova de Arousa. A súa capital é a vila de Vilanova de Arousa (42° 33’ ’54’’ N - 8° 49’ 38’’ O), situada na parroquia homónima e distante de Pontevedra 28 km. Está adscrito ao partido xudicial de Cambados.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Desde o punto de vista xeomorfolóxico, Vilanova de Arousa sitúase no val do Salnés, unha área de terreos de escasa altitude maioritariamente granítica. As maiores altitudes atópanse na parte setentrional, no monte Lobeira (290 m), un pequeno resalte granítico que se corresponde... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilanova de Arousa. Construíuse en 1947 en estilo neoclásico. Ten planta rectangular de nave única con capelas laterais. A fachada principal está organizada en dous corpos: no inferior atópase a porta cun frontón partido e, o superior, remata nun frontón triangular. A torre lateral ten catro corpos, o último octogonal.
VER O DETALLE DO TERMO