Vilanova de Arousa, San Cibrán de

Vilanova de Arousa, San Cibrán de

Igrexa parroquial situada en Vilanova de Arousa. Construíuse en 1947 en estilo neoclásico. Ten planta rectangular de nave única con capelas laterais. A fachada principal está organizada en dous corpos: no inferior atópase a porta cun frontón partido e, o superior, remata nun frontón triangular. A torre lateral ten catro corpos, o último octogonal.