"Vilar de Santos" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Vilar de Santos, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Limia situado ao S da Comunidade Autónoma de Galicia e ao SO da provincia de Ourense (42° 04’ N - 7° 47’ O). Limita ao N co concello de Allariz (comarca Allariz-Maceda), ao L co concello de Sandiás (A Limia), ao S co de Xinzo de Limia (A Limia) e ao O co de Rairiz de Veiga (A Limia). Abrangue unha superficie de 20,7 km 2 cunha poboación de 1.002 h (2001) distribuída nas parroquias de Parada de Outeiro e Vilar de Santos. A capital é Vilar de Santos, na parroquia homónima. Atópase a 163 km de Santiago de Compostela e a 40 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Xinzo de Limia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Distínguense dúas unidades morfolóxicas. A parte setentrional é unha área montañosa formada por elevacións superiores aos 700 m que se inclúen nas serras centrais ourensás. Destacan os montes do Castro (842 m) e Cubelo (736 m). Cara ao S hai un descenso progresivo da altitude e entra na ribeira norte do... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilar de Santos. De orixe románica, pertenceu á orde de Santiago. Destacan as dúas portadas do s XII. A portada principal está formada por tres pares de columnas sobre as que se sitúan as arquivoltas e carece de tímpano. No muro meridional, destacan os capiteis historiados das columnas que sustentan as arquivoltas e o tímpano decorado cunha palma.
VER O DETALLE DO TERMO