Vilar de Santos, San Xoán de

Vilar de Santos, San Xoán de

Igrexa parroquial situada en Vilar de Santos. De orixe románica, pertenceu á orde de Santiago. Destacan as dúas portadas do s XII. A portada principal está formada por tres pares de columnas sobre as que se sitúan as arquivoltas e carece de tímpano. No muro meridional, destacan os capiteis historiados das columnas que sustentan as arquivoltas e o tímpano decorado cunha palma.