Axencia Internacional da Enerxía

Axencia Internacional da Enerxía
Nome científico: [AIE]

Organización intergobernamental creada en 1974 baixo os auspicios da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Preocúpase pola situación do mercado do petróleo e de promover a investigación de enerxías alternativas. Pertencen a ela 21 dos 24 estados membros da OCDE e ten a súa sede en París.