axenda
(
-
s
f
Libro ou caderno, xeralmente dividido nos días e meses do ano que corresponde, que se emprega para anotar información de interese (números de teléfono, compromisos, obrigas, etc) que debemos recordar ou que temos que facer.
Ex: Perdín a axenda onde tiña apuntados os meus compromisos para o mes que vén. Consultei a axenda para saber o número de teléfono da empresa proveedora de carne.
-
s
f
Programa de asuntos a tratar nun organismo, nunha asemblea ou nunha reunión.
Ex: A elección dun novo presidente era o punto máis importante da axenda no congreso do partido.
-
s
f
Relación de actividades que unha persoa debe realizar nun período de tempo establecido e que, xeralmente, ten anotadas na axenda.
Ex: A miña axenda para hoxe está completa, xa non podo atender a ninguén máis.
-
s
f
[ECON]
Conxunto de propostas e proxectos que o goberno ten pendentes de realización, fosen ou non explicitamente programados.
Ex: O ministro recoñeceu que aínda quedaban algúns asuntos pendentes na súa axenda.
-
axenda en liña
[INFORM]
Servicio que informa por medio dunha rede de telecomunicacións como a Internet acerca do desenvolvemento no plano temporal dunha serie de eventos.