axencia
(< lat agentĭa < agens -ntis ‘o quefai’)
-
s
f
Empresa dedicada a xestionar asuntos alleos ou prestar servicios como intermediaria.
Ex: Fun a unha axencia inmobiliaria para que me buscasen un piso de aluguer.
-
s
f
Lugar onde está establecida unha empresa dedicada a xestionar asuntos ou prestar servicios.
-
s
f
Oficio ou encargo de axente.
-
s
f
Establecemento secundario dunha empresa.
-
s
f
[ADM]
Contrato polo que unha parte asume de forma estable e permanente o encargo de levar adiante, en nome e por conta doutro e a cambio dunha retribución, a conclusión en exclusiva de contratos nunha zona determinada.
-
axencia de información turística
[ADM]
Persoa física ou xurídica que de xeito habitual e retribuído, e en posesión do título correspondente presta servicios de orientación, información e asistencia turística. Atende a viaxeiros e turistas tanto en materia monumental, artística, histórica ou ofrece datos sobre comunicación e aloxamento e, en xeral, de canto poida ser de interese para o coñecemento do patrimonio turístico e a utilización dos medios existentes ao servizo do público. En Galicia correspóndelles este labor aos chamados Centros de Iniciativas Turística (CIT), xeralmente promovidos polos concellos ou por mancomunidades.
-
axencia de modelos
[COMUN]
Empresa de servicios que dispón de persoas cualificadas no eido da comunicación e que desenvolven, mediante contrato, tarefas especializadas para outras institucións. Entre os profesionais que ofrece este tipo de empresa, ademais de modelos e actores para anuncios publicitarios ou organización de actos públicos, poden dispor de fotógrafos, directores de cine ou calquera outro artista ou profesional relacionado co mundo publicitario e das relacións públicas.
-
axencia de noticias en liña
[INFORM]
Establecemento ou empresa que ofrece información de carácter xeral ou sobre un tema específico a través dunha rede de telecomunicacións como a Internet.
-
axencia de prensa
[COMUN]
Organización que centraliza as informacións periodísticas recollidas polos seus correspondentes nos lugares onde se producen os acontecementos, clasificándoas e transmitíndoas ás empresas subscritas (xornais, centros de televisión, emisoras de radio, etc).
-
axencia de publicidade
[COMUN]
Empresa comercial dedicada a crear, planificar e difundir campañas publicitarias previamente contratadas por un anunciante. As súas actividades concéntranse na producion de anuncios, planificación de medios e deseño de plans de comunicación. A estrutura dunha axencia está en estreita dependencia co alcance dos servicios que ofrece, coa dimensión da axencia e coa carteira de clientes cos que traballa. Tomando como modelo unha axencia grande, os diferentes departamentos que a forman son: departamento de contas, órgano que une a axencia co cliente a través do executivo de contas, que ten a función de saber qué tipo de actividade ten que desenvolver a axencia para o seu cliente, así como asesoralo ao longo da campaña; departamento de investigación e márketing, que obtén información sobre o consumo do produto ou o servizo co que está a traballar a axencia, datos sobre o produto e investigacións sobre a competencia; departamento creativo, que ten a misión de elaborar a mensaxe publicitaria dende a súa concepción ata a súa produción final; departamento de medios con dúas tarefas: a planificación e a contratación dos medios. Dispón tamén dun departamento de tráfico e control, que se ocupa de controlar todo o proceso de comunicación. Existen diferentes tipos de axencias. A Axencia de Servicios Plenos é aquela que estende a súa actividade a calquera ámbito da comunicación social. Unha Axencia de Servicios Especializados ou Boutique está especializada nun ou varios servicios determinados, como por exemplo a creatividade publicitaria. Unha Axencia Interna pertence ao propio anunciante para o que traballa. As Axencias Exclusivas de Medios comercializan e xestionan o espazo publicitario que venden os medios de comunicación. As Centrais de Compra de Medios ocúpanse da compra masiva de espacios e tempos publicitarios coa finalidade de revendelos aos anunciantes ou ás axencias. Existen outras axencias especializadas en diversos servicios de márketing (márketing ou publicidade directa, márketing promocional, especializadas en patrocinio e promoción, en relacións públicas e actividades semellantes).
-
axencia de relacións públicas
[COMUN]
Empresa especializada na comunicación e entendemento co público e cos medios de comunicación. Os traballos, case que sempre realizados por expertos en comunicación institucional, consisten en programar, dirixir e xestionar de forma sistemática e profesional, todas as actividades con posible repercusión social da entidade que a contrate, co obxectivo xeral de comunicar eficazmente á opinión pública o qué fai, cómo o fai e para qué o fai.
-
axencia de transportes
[TRANSP]
Empresa de servicios dedicada ao traslado de mercadorías dun lugar a outro.
-
axencia de valores
[ECON]
Compañía que actúa na mediación financeira e noutros servicios que poden formar parte dunha bolsa. As axencias, a diferenza das sociedades de valores, só poden actuar por conta doutros.
-
axencia de viaxes
[EMPR]
Empresa establecida en forma de sociedade mercantil, anónima ou limitada, que en posesión do título ou licenza correspondente, dedícase profesional e comercialmente en exclusividade ao exercicio de actividades de mediación e/ou organización de servicios turísticos, podendo empregar medios propios na prestación dos mesmos. As axencias de viaxes xurdiron no s XIX. A máis antiga é a Thos Cook & Son, fundada en Inglaterra no 1841. As principais actividades dunha axencia de viaxes son: a) mediación na venda de billetes e reserva de prazas en toda clase de medios de transporte; b) reserva de habitacións e servicios en establecementos e aloxamentos turísticos; c) organización, venda e realización de servicios combinados e viaxes “a forfait”; d) actuación por delegación e corresponsalía doutras axencias nacionais e estranxeiras, para a prestación no seu nome de calquera destes servicios. Por razón da súa actividade e o ámbito da mesma, clasifícanse en axencias por xunto, as que proxectan, elaboran e organizan toda clase de servicios e paquetes turísticos para ofrecelos ás axencias polo miúdo, sen poder ofrecer os seus produtos directamente ao consumidor; e axencias polo miúdo, as que, ou ben comercializan o produto das axencias por xunto, ou ben proxectan, elaboran, organizan e/ou venden toda clase de servicios e paquetes turísticos directamente ao usuario, sen poder ofrecer os seus produtos a outras axencias. En Galicia operan 7 axencias por xunto e 95 axencias polo miúdo.