"Virginia" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
GALICIA
Escritora. Empezou a súa carreira literaria publicando traducións do inglés e do francés en El Diario de la Habana. Moitas das súas obras, entre as que destacan Mauricio (1845), Úrsula (1848) e Una venganza (1850), apareceron como folletíns dominicais no Diario de la Marina. Asinaba co pseudónimo de Felicia. Escribiu os ensaios Luisa Siged e La Mujer Ilustradora, reivindicando unha educación sistemática para a muller e o voto feminino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida artisticamente co nome de Joanna Cassidy, estudiou arte na University of Syracusa. Protagonizou con Harrison Ford Blade Runner (1982), de Ridley Scott. Participou tamén nos filmes: Bullit (1968), Under Fire (Baixo o lume, 1983), The Fourth Protocol (O cuarto protocolo, 1987), Chain Reaction (Reacción en cadea, 1996) e The Second Civil War (A segunda guerra civil, 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresaria cinematográfica. Fundou a produtora Algarabía na Coruña xunto con Tomás Conde, especializada na animación cinematográfica con personaxes de plastilina. Un dos primeiros traballos deste tipo foi Alegrías de Puerta Tierra (1994), emitido por Canal +, Canal + Francia, TVG e seleccionado polo ministerio de Cultura para promocionar o cine español no mundo. Despois produciu Caderno de Bitácora (1995) e Noite Meiga (1995), premiados tamén con varios galardóns. Nese mesmo ano entraron en contacto coa produtora Lúa Films, coa que realizaron varios proxectos, entre eles unha serie de vídeos sobre distintos relatos de escritores homenaxeados o Día das Letras Galegas. Estes vídeos titúlanse Ignotus (2000), sobre textos de Manuel Murguía; Os defuntos falaban castelán (2001), sobre textos de Ánxel Fole; e Meigallos, sombras e papas de arroz (2001), sobre a obra de Eladio Rodríguez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz norteamericana. Coñecida como Geena Davis, estudiou interpretación no New England College e na Boston University. Comezou no cine cun papel secundario na película Tootsie (1982) e obtivo un Oscar en 1988 polo seu papel en The Accidental Tourist (O turista accidental). Participou noutros filmes, como Thelma and Louise (Thelma e Louise, 1991), Hero (Heroe por accidente, 1992) ou Cutthroat Island (A illa das cabezas cortadas, 1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz e bailarina estadounidense. Coñecida como Ginger Rogers, foi parella de Fred Astaire en películas musicais como Top Hat (1935), Shall We Dance? (1936) e Kitty Foyle (1940, Oscar á mellor actriz). Tamén participou en Horlow (1965) ou a póstuma Change of Heart (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como Virginia Woolf, foi crítica literaria de The Times Literary Supplement, onde publicou a maior parte dos seus ensaios, reunidos nos dous volumes de The Common Reader (1925 e 1932). En 1915 publicou a súa primeira novela, The Voyage Out, á que seguiron Night and Day (1919) e A Jacob’s Room (1922), na que rompeu definitivamente coa novela tradicional decimonónica. En Mrs Dalloway (1925) acusou unha absoluta madurez, confirmada por To the Lighthouse (1927) e The Waves (1931). Destacan tamén Orlando, a Biography (1928), A Room of One’s Own (1929), Flusch (1933), The Years (1937) e Between the Acts (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU (105.586 km2; 7.078.515 h [2000]). A capital é Richmond. Limita ao NL co estado de Maryland, ao NO e a O cos estados de West Virginia e Kentucky, ao S co de Tennessee e Carolina do Norte e ao L co Océano Atlántico. Na banda occidental está a cordilleira de Blue Ridge, do sistema dos Apalaches, que atravesa o estado de NL a O, e no extremo suroccidental os límites inclúen unha parte do altiplano de Cumberland e o Piedmont, rexión montañosa atravesada polos ríos que baixan dos Apalaches, que a serra de Fall Line separa da chaira costeira. Na agricultura destaca o cultivo de cacahuetes e tabaco, e o armentío vacún e porcino. A industria engloba un sector tradicional (téxtil, da confección e de elaboración de tabaco) e outro máis moderno (papel, construción naval, mobles, produtos químicos e metalurxia). As áreas industriais concéntranse en Richmond, Norfolk-Portsmouth, Newport News-Hampton, Roanoke, Alexandria e Arlington. O seu nome aplicouse inicialmente...
-
CIDADES
Cidade do estado de Virginia, EE UU (425.257 h [2000]). Está situada na badía de Chesapeake, na costa atlántica. A economía baséase no turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU (62.759 km2; 1.808.344 h [2000]). A capital é Charleston. Limita con Ohio, Pennsylvania, Maryland, Virginia e Kentucky. Comprende diferentes rexións morfolóxicas: o val de Ohio, fértil e densamente poboado, con cursos fluviais navegables; o altiplano de Cumberland, entre 300 e 600 m de altitude; e no L a rexión dos Allegheny, con serras cunha altitude entre os 600 e os 12.000 m. Os recursos naturais son abondosos e variados: carbón, petróleo, gas natural e grandes depósitos de sal. Hai industria química, metalúrxica, do vidro e cerámica. Ocupada inicialmente por diversas tribos indias, o territorio formou parte de Virginia. Durante a Guerra de Secesión mantivo unha postura contraria ao escravismo, separouse de Virginia e foi admitido como estado da Unión.