Curiá, Virginia

Curiá, Virginia

Empresaria cinematográfica. Fundou a produtora Algarabía na Coruña xunto con Tomás Conde, especializada na animación cinematográfica con personaxes de plastilina. Un dos primeiros traballos deste tipo foi Alegrías de Puerta Tierra (1994), emitido por Canal +, Canal + Francia, TVG e seleccionado polo ministerio de Cultura para promocionar o cine español no mundo. Despois produciu Caderno de Bitácora (1995) e Noite Meiga (1995), premiados tamén con varios galardóns. Nese mesmo ano entraron en contacto coa produtora Lúa Films, coa que realizaron varios proxectos, entre eles unha serie de vídeos sobre distintos relatos de escritores homenaxeados o Día das Letras Galegas. Estes vídeos titúlanse Ignotus (2000), sobre textos de Manuel Murguía; Os defuntos falaban castelán (2001), sobre textos de Ánxel Fole; e Meigallos, sombras e papas de arroz (2001), sobre a obra de Eladio Rodríguez.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cádiz