"Volvo" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa sueca dedicada á fabricación de automóbiles e camións, fundada en 1927. Tras a Segunda Guerra Mundial iniciou a conquista dos mercados europeos, onde tivo un importante papel o seu automóbil con motor de 1.600 cm3 que desenvolvía 85 CV. Tamén fabrica compoñentes para a aviación, equipamentos e vehículos para a construción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regata de embarcacións de vela ao redor do mundo que se celebra cada catro anos. Xurdiu en 1972 co nome de Whitbread Round The World Race organizada pola compañía inglesa Whitebread e a British Royal Naval Sailing Asssociation. En 2001 tomou o nome actual co patrocinio da empresa Volvo. Adoitaba saír dun porto inglés (Portsmouth, na primeira edición, e Southampton, nas restantes) ata que en 2005 saíu do porto de Vigo, tras celebrar unha regata costeira en Sanxenxo. Agás as edicións de 2001-2002, que chegou a Kiel (Alemaña), e a de 2005-2006, a Rotterdam (Países Baixos), as restantes edicións finalizaron nos mencionados portos ingleses. Na edición de 1993-1994 participou o veleiro Galicia 93 Pescanova, patroneado por Javier de la Gándara, que quedou en quinta posición, e na de 2005-2006 o Movistar, con Pedro Campos como director deportivo.
-
-
Relativo ou pertencente ás volvocais.
-
Alga da orde das volvocais.
-
Orde de algas unicelulares, da clase das clorofíceas, que poden ser libres ou coloniais, biflaxeladas e con amidón como substancia de reserva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas verdes, da orde das volvocais, que forman colonias en forma de esferas ocas cos flaxelos dirixidos cara a fóra. Habitan en augas doces.