Volvo
Volvo
Empresa sueca dedicada á fabricación de automóbiles e camións, fundada en 1927. Tras a Segunda Guerra Mundial iniciou a conquista dos mercados europeos, onde tivo un importante papel o seu automóbil con motor de 1.600 cm3 que desenvolvía 85 CV. Tamén fabrica compoñentes para a aviación, equipamentos e vehículos para a construción.