Volvo Ocean Race

Volvo Ocean Race

Regata de embarcacións de vela ao redor do mundo que se celebra cada catro anos. Xurdiu en 1972 co nome de Whitbread Round The World Race organizada pola compañía inglesa Whitebread e a British Royal Naval Sailing Asssociation. En 2001 tomou o nome actual co patrocinio da empresa Volvo. Adoitaba saír dun porto inglés (Portsmouth, na primeira edición, e Southampton, nas restantes) ata que en 2005 saíu do porto de Vigo, tras celebrar unha regata costeira en Sanxenxo. Agás as edicións de 2001-2002, que chegou a Kiel (Alemaña), e a de 2005-2006, a Rotterdam (Países Baixos), as restantes edicións finalizaron nos mencionados portos ingleses. Na edición de 1993-1994 participou o veleiro Galicia 93 Pescanova, patroneado por Javier de la Gándara, que quedou en quinta posición, e na de 2005-2006 o Movistar, con Pedro Campos como director deportivo.

Palabras veciñas

volver | Volver a empezar | Volvo | Volvo Ocean Race | volvocal | Volvox | vólvulo