"Vulcano" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
ILLAS
Illa do mar Tirreno, a máis meridional das illas Eolias, situada a menos de 20 km da costa norte de Sicilia, separada da illa de Lipari (ao N) por un canal de 750 m de largo (21 km2). Ao NO, no monte Saraceno (480 m), ábrese o gran cráter do volcán Vulcano ou Fossa Grande, aínda activo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade latina asimilada ao deus grego Hefesto, fillo de Xúpiter e de Xuno e home de Venus. Foi venerado sobre todo como deus do lume e da elaboración de metais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Vigo en 1919 baixo a dirección de Enrique Lorenzo. Naceu como fabricante e reparador de caldeiras de vapor para embarcións pesqueiras e para a industria conserveira. En 1931 comezou a fabricación de locomotoras para RENFE e na década de 1940 os primeiros traballos de construción naval. O primeiro buque realizado con casco de aceiro botouse en 1948. En 1986 pasou a mans de Fernando Santodomingo. En 1993 foi o primeiro estaleiro privado en obter o certificado de calidade ISO 9001 emitido por Det Norske Veritas. O sector das caldeiras, que se ampliou a todo tipo de caldeiras e combustibles tanto para a industria naval e terrestre como para calefaccións domésticas, está centralizado na filial Vulcano-Sadeca SA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en volcáns e en vulcanismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeofísica que estuda os fenómenos volcánicos. Comprende o estudo do conxunto de procesos da xeración dos magmas e a súa evolución durante o ascenso cara á superficie, as rochas volcánicas, os gases volcánicos que saen á superficie a través de fendas ou as fontes termais.