"Washington" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Foi o primeiro paisaxista importante do seu país; unha das súas obras máis coñecida é O festexo de Baltasar (Museo de Boston).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abolicionista, tamén coñecido co nome de Frederick Douglass. Foi un escravo fuxitivo que dedicou a súa vida á loita pola emancipación dos escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político brasileiro. Foi gobernador do estado de São Paulo (1920-1924), e como presidente da república (1926-1930) conseguiu a estabilización da economía do país. Dimitiu pola insurrección comandada por Getúlio Vargas (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital federal de EE UU no distrito de Columbia (572.059 h [2000] e 7.608.070 h [2000] a aglomeración urbana). Está situada na beira esquerda do Potomac. A configuración está centrada en dous puntos, a Casa Branca e o Capitolio, desde onde parten radialmente as grandes avenidas diagonais. A expansión da administración federal transformouna nunha metrópole que se estende polos dous estados veciños, ata o punto de que algúns servizos administrativos foron instalados en Maryland ou Virginia. Ao crearse EE UU como federación de estados, decidiuse constituír un territorio independente de calquera dos estados para establecer nel a capital federal. Como resultado do acordo entre o Norte e o Sur escolleuse a localización da cidade de Washington (1790). Foi inaugurada por Thomas Jefferson e o goberno instalouse alí en 1800.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU situado na costa do Pacífico. Limita ao N con Columbia Británica (Canadá), ao L con Idaho, ao S con Oregon e ao O co Océano Pacífico (176 479 km2; 6.131.445 h [2000]). A súa capital é Olympia. A súa estrutura física está dominada pola cordilleira das Fervenzas e polo río Columbia, que o atravesa de NL a SO. Distínguese a zona costeira, a depresión interior, a cordilleira das Fervenzas, o altiplano de Columbia e o sector das Rochosas. Cultívase trigo, remolacha azucreira, forraxe, patacas e froiteiras. A explotación forestal é a segunda en produción de EE UU. O seu desenvolvemento industrial céntrase na construción naval e aeronáutica en Seattle, na industria da madeira en Puget Sound, e na electrometalurxia en Spokane. Explorado na procura do inexistente paso do noroeste, adquiriu importancia económica grazas ao comercio de peles. Formou parte do Territorio de Oregon (1846-1853) e converteuse en estado da Unión en 1889.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado en 1877 por Stilson Hutchins en Washington. Tras a absorción dos seus competidores, quedou baixo o control da familia McLean ata que o financeiro Eugene Isaac Meyer (1933) o comprou. Este marcou o estilo do xornal, defendendo os principios de paz, liberdade, seguridade e igualdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunións internacionais que se celebraron en Washington en 1921 e 1922 para tratar os problemas do Extremo Oriente e do Pacífico. O Tratado de Washington, entre EE UU, Reino Unido, Francia, Italia e Xapón, acordou limitar o armamento naval no Pacífico. Polo Pacto das Catro Potencias, EE UU, Reino Unido, Francia e Xapón comprometíanse a celebrar consultas mutuas sobre calquera cuestión que xurdise naquela zona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. lang=EN-GB mso-ansi-language: EN-GB >Destaca a súa interpretación en filmes como Glory (1989, Oscar ao mellor actor secundario en 1990), Malcolm X (1992), Philadelphia (1993), Devil in a Blue Dress (1995) e Training Day (2001, Oscar ao mellor actor en 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Rico propietario rural, defendeu a independencia das colonias norteamericanas e foi nomeado comandante en xefe do exército independentista (1775). Delegado por Virginia na Convención de Philadelphia (1787), foi elixido primeiro presidente da Unión. Sentou as bases da estrutura política do novo estado e asegurou a independencia económica e financeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das arecáceas, de follas en forma de abano, esfiadas, de pecíolo espiñoso e que adoitan persistir no tronco, de flores abrancazadas dispostas en réxime, e de froitos drupáceos, oblongos e pardos. Son palmeiras orixinarias do suroeste de EE UU, e en Galicia pódense atopar as especies W. filifera e W. robusta en parques e xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO