Washington, Conferencia de
Washington, Conferencia de
Reunións internacionais que se celebraron en Washington en 1921 e 1922 para tratar os problemas do Extremo Oriente e do Pacífico. O Tratado de Washington, entre EE UU, Reino Unido, Francia, Italia e Xapón, acordou limitar o armamento naval no Pacífico. Polo Pacto das Catro Potencias, EE UU, Reino Unido, Francia e Xapón comprometíanse a celebrar consultas mutuas sobre calquera cuestión que xurdise naquela zona.