Washingtonia
Washingtonia
[PLANTA]
Xénero de árbores, da familia das arecáceas, de follas en forma de abano, esfiadas, de pecíolo espiñoso e que adoitan persistir no tronco, de flores abrancazadas dispostas en réxime, e de froitos drupáceos, oblongos e pardos. Son palmeiras orixinarias do suroeste de EE UU, e en Galicia pódense atopar as especies W. filifera e W. robusta en parques e xardíns.