"Wight" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Xeólogo e naturalista. Realizou viaxes de exploración polo Mediterráneo (1833-1835) e polo Pacífico (1838), e deu clases de historia natural no Yale College dende 1855 e de mineraloxía e xeoloxía dende 1864. Foi editor da publicación American Journal of Science and Arts. Foi un dos principais elaboradores da teoría do xeosinclinal, e publicou Geology of the Pacific Area (Xeoloxía da área do Pacífico, 1849) e Manual of Geology (Manual de xeoloxía, 1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de tenis e político estadounidense. Nos seus tempos de estudante da Harvard University destacou como tenista. Despois de proclamarse campión universitario dos EE UU en 1899, concibiu a idea de celebrar unha competición internacional por equipos, á imaxe da Copa América de vela. Presentoulle a súa iniciativa á United States National Lawn Tennis Association. A súa intención orixinal era que a competición se denominase International Lawn Tennis Challenge Trophy, pero o feito de que fose el quen doou o trofeo resultou decisivo para que adoptara o nome de Copa Davis. Participou no equipo americano que se proclamou vencedor nas dúas primeiras edicións (1900 e 1902). No seu palmarés figuran varios títulos do Grand Slam: en individuais o Campionato Internacional dos EE UU (1899), que obtivo en dobres en dúas ocasións (1899 e 1901); tamén en dobres gañou o campionato de Wimbledon (1901). Iniciou a carreira política na cámara municipal de Saint Louis en 1911; como concelleiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político norteamericano. Durante a Segunda Guerra Mundial dirixiu o desembarco aliado no N de África (1942), a campaña de Tunisia, os desembarcos de Sicilia e Italia (1943), Normandie (1944) e as operacións que levaron ao final da guerra. Foi xefe do Estado Maior do Exército (1945) e comandante supremo das forzas da OTAN en Europa (1950-1952). Candidato polo Republican Party, en 1952 asumiu a presidencia dos EE UU, cargo para o que foi reelixido en 1956. Ocupou o cargo ata 1961. Encargoulle a política exterior a John Foster Dulles e en 1957 formulou a doutrina Eisenhower, que prevía a intervención norteamericana no Oriente Medio. Publicou as súas memorias da guerra en Crusade in Europe (Cruzada en Europa, 1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista estadounidense. Estudoso do sánscrito, editou, xunto con R. Roth, o Atharvaveda, ademais doutras edicións e traducións de textos en sánscrito (Sanskrit Grammar, 1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Inglaterra, Reino Unido, que constitúe un distrito unitario, no canal da Mancha, separada da costa inglesa polo estreito do Solent, formado na desembocadura do Southampton Water (380 km2; 132.731 h [2001]). A súa capital é Newport (23.570 h [1981]). Unha escarpa de creta que vai do Culver Cliff ás rochas The Needles separa a chaira setentrional terciaria da rexión meridional que está formada por dunas recubertas por outras terras de creta. Destacan as actividades agrícolas e a construción naval, pero o turismo é o seu principal recurso económico. Cowes é o seu porto principal.
VER O DETALLE DO TERMO