Eisenhower, Dwight David

Eisenhower, Dwight David

Militar e político norteamericano. Durante a Segunda Guerra Mundial dirixiu o desembarco aliado no N de África (1942), a campaña de Tunisia, os desembarcos de Sicilia e Italia (1943), Normandie (1944) e as operacións que levaron ao final da guerra. Foi xefe do Estado Maior do Exército (1945) e comandante supremo das forzas da OTAN en Europa (1950-1952). Candidato polo Republican Party, en 1952 asumiu a presidencia dos EE UU, cargo para o que foi reelixido en 1956. Ocupou o cargo ata 1961. Encargoulle a política exterior a John Foster Dulles e en 1957 formulou a doutrina Eisenhower, que prevía a intervención norteamericana no Oriente Medio. Publicou as súas memorias da guerra en Crusade in Europe (Cruzada en Europa, 1948).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Denison, Texas

  • Deceso

    Lugar : Washington