"Worms" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania-Palatinado, Alemaña, á beira esquerda do Rin (75.900 h [1990]). Porto fluvial, ten industrias mecánicas, de mobles, de conservas e químicas. Nela asinouse o Concordato de Worms (1122) e a Dieta de Worms (1521). Destaca a catedral, de estilo románico tardío.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto entre o Papa Calisto II e o Emperador Enrique V (1122) co que se puxo fin á Querela das Investiduras. O emperador renunciou á investidura polo anel e o báculo, pero conservou o dereito á investidura das regalías. O emperador concedeu a elección canónica e a libre consagración, aínda que a elección en Alemaña tiña que facerse na súa presenza ou na dos seus embaixadores. Os estados da Igrexa, que quedaban á marxe das decisións, fóronlle restituídos ao papa. Foi ratificado polos príncipes na Dieta de Bamberg (1122) e no primeiro Concilio de Letrán (1123).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira asemblea convocada por Carlos V en Worms en 1521. Alí Lutero recoñeceu as súas obras e negouse rotundamente á retractación que o emperador lle esixía. Carlos V obtivo a axuda dos príncipes contra Francisco I, e foi nomeado un consello de rexencia, presidido polo irmán de Carlos, Fernando, arquiduque de Austria, a quen lle foron asignados os dominios hereditarios dos Habsburgo.