Worms, Concordato de
Worms, Concordato de
Pacto entre o Papa Calisto II e o Emperador Enrique V (1122) co que se puxo fin á Querela das Investiduras. O emperador renunciou á investidura polo anel e o báculo, pero conservou o dereito á investidura das regalías. O emperador concedeu a elección canónica e a libre consagración, aínda que a elección en Alemaña tiña que facerse na súa presenza ou na dos seus embaixadores. Os estados da Igrexa, que quedaban á marxe das decisións, fóronlle restituídos ao papa. Foi ratificado polos príncipes na Dieta de Bamberg (1122) e no primeiro Concilio de Letrán (1123).