Worms, Dieta de

Worms, Dieta de

Primeira asemblea convocada por Carlos V en Worms en 1521. Alí Lutero recoñeceu as súas obras e negouse rotundamente á retractación que o emperador lle esixía. Carlos V obtivo a axuda dos príncipes contra Francisco I, e foi nomeado un consello de rexencia, presidido polo irmán de Carlos, Fernando, arquiduque de Austria, a quen lle foron asignados os dominios hereditarios dos Habsburgo.