"XT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 245.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraño
-
VER O DETALLE DO TERMO
estranxeiro
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘dende fóra’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade da dextrina que non colorea co iodo.
-
PERSOEIRO
Historiador mexicano. Descendente da aristocracia azteca, estudiou os antigos códices e a tradición oral do seu pobo. Deixou escrita unha Historia general de la Nueva España, coñecida tamén como Historia Chichimeca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor arxentino, coñecido tamén polo pseudónimo Fray Mocho. É autor de narracións costumistas e picarescas de extraordinaria popularidade: Un viaje al país de los matreros (1897), Cuentos de Fray Mocho (1906). As súas obras completas publicáronse en 1954.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Foi creado en 1988 pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Dotado economicamente con 1.000.000 de pesetas e convocado con carácter anual, podían acceder a el tan só textos teatrais inéditos. O premio incluía a publicación e, de ser o caso, a representación da obra premiada. Nas sete edicións que tivo resultaron gañadores do Premio: Roberto Salgueiro con O arce do xardín (1988); Euloxio R. Ruibal por Azos de esguello (1989); Agustín Magán por Os rebertes (1990); Roberto Vidal Bolaño con Saxo tenor (1991); Xosé Cid Cabido e Andrés Vila con Copenhague (1992) e Manuel Riveiro Loureiro por O prazo. Convocouse por última vez en 1994, debido a unha reestruturación na política de premios da Consellería de Cultura, pola que se decidiu outorgar un único galardón, o Premio das Letras e das Artes de Galicia, no que se recoñece o labor de toda unha traxectoria vital dedicada á cultura galega. En xaneiro de 1999 o Instituto Galego das Artes...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de ambidextro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade de usar coa mesma habilidade as dúas mans.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O que é capaz de empregar indiferentemente a man dereita e a man esquerda, como consecuencia dunha aptitude natural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico co que se coñecen as dextrinas obtidas por hidrólise do amidón, que proporcionan unha coloración vermella ou violácea co iodo, chamadas tamén amidón soluble. Forman pos brancos que se empregan como indicador en iodometría e para determinar o poder diastático da malta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parte anterior e externa dun corpo ou obxecto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de materiais que preceden o texto que o autor considera definitivo, e que permiten o estudo da súa xénese mediante a análise dos sucesivos cambios que sofre a obra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da actual Aix-en-Provence.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concepto que designa as categorías xenéricas que corresponden a un texto (xénero literario, tipo de discurso, etc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de carácter privado creada en 1991 como froito da iniciativa conxunta das principais empresas da industria téxtil e da confección de Galicia co gallo de apoiar o sector. Os seus socios fundadores son as empresas: Florentino, Unicén, Antonio Pernas, Volvoreta, Roberto Verino Difusión, Géneros de Punto Montoto, Creaciones Toypes, Jealfer, Pili Carrera, D’AQ, Caramelo e Adolfo Domínguez, aos que logo se engadiron Mafecco e Selmark. O cargo de presidente desta asociación rota entre os distintos membros: José Fernández Valencia (Unicén, 1991-1996), Ramón Lavandeira Muiños (Caramelo, 1996-1998); dende 1998 está presidida por Adolfo Domínguez. O seu fin prioritario é o fomento e desenvolvemento das actividades a prol do sector téxtil e da confección de Galicia, así como a representación, defensa e promoción dos intereses profesionais, sociais e culturais dos seus asociados, incluíndo a organización dun constante labor formativo e de promoción profesional dos seus afiliados. Neste sentido,...
-
PERSOEIRO
Historiador romano de orixe africana. Escribiu un compendio de historia imperial titulado Caesares (Os Césares) no que repasa a biografía dos Césares dende Octavio Augusto ata Constancio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria dependente do estado, constituída en Madrid no 1928 e adxudicada á Sociedade Anónima de Crédito Nacional Peninsular e Americano, co obxectivo de fomentar o comercio exterior de España e todo tipo de relacións económicas con outros estados. No ano 1940 a maior parte do capital estaba nas mans do INI, o cal principiou o proceso de privatización. No 1962 iniciouse a política inversa, traspasando a totalidade das accións do Instituto de Crédito Oficial (ICO). O Banco Simeón de Vigo formou parte do seu grupo na década dos oitenta; así mesmo, integráronse no grupo o Banco de la Exportación, o Banco de Alicante e o Banco Cantábrico. En 1991, ao mesmo tempo que o resto de bancos estatais, integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).
-
PERSOEIRO
Actriz norteamericana. Estudiou Arte Dramático con María Ouspenskaya e debutou aos trece anos no teatro, en Broadway. En 1940 iniciou os seus traballos en Hollywood; gañou o Oscar á Mellor Actriz polo seu traballo en The razor’s edge (O fío da navalla, 1946) e foi nominada por All about Eve (Eva espida, 1950). Nos seus últimos anos como actriz traballou na serie de televisión Hotel. Escribiu unha biografía titulada Intermission: a true story (Intervalo: a verdadeira historia). Participou nos filmes: Twenty mule team (Puño de ferro, 1940), Five Graves to Cairo (Cinco tumbas no Cairo, 1943), The ten Commandments (Os dez mandamentos, 1956), Cimarrón (Cimarrón, 1960) e Jane Austen in Manhattan (Jane Austen en Manhattan, 1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo inglés. Foi conselleiro de Cromwell e capelán de Carlos II. Pastor anglicano en Kidderminster dende 1641, foi privado do seu cargo en 1662, ao non aceptar o novo Prayer Book (Libro de rogos). Foi un dos vangardistas do movemento non conformista de tendencia calvinista dentro da Igrexa Anglicana.
VER O DETALLE DO TERMO