"Xoán I" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 38.

  • GALICIA

    Escritor. Realizou estudios de comercio na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña.   En 1954 escribiu un artigo sobre Rosalía de Castro no xornal El Ideal Gallego, único texto que o escritor viu publicado en vida. Incluído na Nova Narrativa Galega, entre 1957 e 1958 escribiu as novelas inacabadas Un traxe aldeán e Os profetas, actividade que compaxinou coa elaboración de ensaios sobre literatura, historia e arte. En 1959 escribiu os contos “O Rei”, “Cristo morto”, “O regreso”, “O falar dun sapo” e “Conto en poucas verbas”. Os seus contos recompiláronse postumamente no volume O camiño de abaixo, publicado en 1970 por Reimundo Patiño e prologado por Méndez Ferrín, do que sairía en 1985 unha edición facsimilar na que se incluíron tres novas narracións inéditas e un epílogo de Reimundo Patiño titulado “Escritos no tempo polo que levo viaxado durante estes tres meses”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe dos principados unidos de Moldavia e Valaquia (1859-1862) e do principado de Romanía (1862-1866). Levou adiante unha reforma agraria, fundou dúas universidades e secularizou os bens da Igrexa. Os estamentos tradicionalistas e conservadores, coa axuda de potencias estranxeiras, obrigárono a abdicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Curlandia (1737-1772). De nome Ernst Johann Biron, foi favorito da Emperatriz Ana I e cando esta morreu ocupou a rexencia durante a minoría de Iván VI (1740). A hostilidade da nobreza provocou o seu desterro a Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo e escritor, irmán de Carlos Taibo. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, é correspondente da revista Jane´s Defence Wecly e colaborador de diversas publicacións periódicas de Galicia. A súa obra busca un efecto de sorpresa no lector e algúns dos seus relatos teñen unha estrutura complexa. É autor de diversos relatos curtos e contos, cos que foi premiado en diversas edicións do Premio Modesto R. Figueiredo, como Os Inmortais (1975) e O Fotógrafo (1978, Premio Mesón do Labrego da Editorial Limbo). Do seu libro Calendario de Brétemas mañanceiras na miña praia atlántica (1981) foron traducidos algúns contos ao ruso. Traduciu a obra teatral Pedro Madruga, de M. Gato, e no ensaio destacan os seus libros Os partidos políticos en Galiza (1977), en colaboración con Manuel Rivas; e Vinicius de Morais (1984). Tamén é autor da colección de relatos Informe Bestiario (1991) e das novelas Homes de ningures...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela e León (1379-1390) e señor de Bizkaia (Xoán IV), fillo de Enrique II. Casou en 1375 con Leonor de Aragón, matrimonio do que naceron Enrique (futuro Enrique III de Castela) e Fernando de Antequera (futuro Fernando I de Aragón). Viúvo, casou con Beatriz (1383), filla e herdeira de Fernando I de Portugal e, ao morrer este, tentou conquistar o reino pero foi vencido na Batalla de Aljubarrota (1385). Ao producirse o Cisma de Occidente, proclamouse partidario do papa de Aviñón (1381); o duque de Lacanster, partidario de Roma, proclamouse rei de Castela e en 1386 desembarcou en Galicia, onde atopou unha forte resistencia. O conflito resolveuse co Acordo de Baiona (1388), mediante o matrimonio da filla do duque de Lancaster con Enrique, o seu fillo primoxénito. No eido da política interior, fixo unha amplia tarefa de lexislación, reorganizou o Consello Real e o exército e suprimiu certas prerrogativas da nobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1387-1396), fillo de Pedro IV e Leonor de Sicilia. Despois do seu matrimonio (1380) con Violante, sobriña de Carlos V de Francia, aumentaron as influencias francesas no seu reino. Pactou unha alianza con Xoán I de Castela pero as relacións enfrontáronse tras a morte do rei castelán (1390). Adoptou unha política favorable á alta nobreza e ás oligarquías cidadás. As dificultades financeiras da coroa agudizáronse nos últimos anos do seu reinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Señor de Bizkaia (1289-1295 e 1310-1319), infante de Castela, fillo de Afonso X de Castela e Violante de Aragón. En 1291 participou na conquista de Tarifa. Ao morrer o seu irmán, Sancho IV de Castela, proclamouse rei de Galicia, León e Asturias (1296) pero someteuse a Fernando IV (1300), de quen foi conselleiro. Foi titor de Afonso XI e morreu na Batalla de la Vega de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1481-1513), de Noruega (Xoán I; 1481-1513) e de Suecia (Xoán II; 1497-1501), fillo e sucesor de Cristián I. Apoderouse do ducado de Holstein, que compartiu co seu irmán Federico. En 1497 sucedeu a Sten I no trono de Suecia, pero unha revolta expulsouno do país en 1501.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia e Navarra, fillo póstumo de Luís X de Francia. Morreu ao pouco de nacer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1526-1538) e príncipe de Transilvania (1538-1540), fillo do voivoda de Transilvania Esteve Szapolya. Na Dieta de Szekesfehervar (1526) elixírono rei de Hungría. O seu adversario Fernando de Austria proclamouse rei un mes máis tarde en Presburg. En 1538, despois dunha gran loita, asinaron a Paz de Nagyvarad, pola que recibiu Hungría oriental, mentres que Hungría occidental pasou a mans de Fernando de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Oxford 1167 - castelo de Newark, Nottinghamshire 1216) Rei de Inglaterra e duque de Normandie (1199-1216), señor de Irlanda (1177) e conde de Mortain (1189), fillo de Enrique II e Leonor de Aquitania. En 1199, ao morrer Ricardo I de Inglaterra, tomou o título de rei. En 1200 casou coa herdeira Isabel de Angulema, feito que provocou a oposición de Filipe Augusto de Francia e revoltas neste país. Practicou unha ríxida política represiva cos seus súbditos. A Desfeita de Poitou (1214) e dos seus aliados en Bouvins (1214) provocaron a revolta dos baróns, que ocuparon Londres (1215) e o forzaron a asinar a Carta Magna, considerada o documento inicial do sistema parlamentario inglés. As dificultades internas provocaron a guerra civil (1215-1217).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Luxemburgo e duque de Nassau, fillo da gran duquesa Carlota I e do príncipe Félix de Parma. En 1964 converteuse en soberano do país. Abdicou en 2000 e sucedeuno o seu fillo Enrique I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1385-1433), fillo de Fernando I. Inaugurou a dinastía de Avís. Dirixiu a revolución anticastelá protagonizada polos nobres portugueses e foi proclamado rei de Portugal por unha asemblea reunida en Coimbra. Enfrontouse con Xoán I de Castela, que se consideraba con dereitos ao trono portugués polo seu matrimonio con Beatriz, única filla lexítima de Pedro I. Venceuno na Batalla de Aljubarrota (1385) e impulsou as conquistas portuguesas en África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1216-1222), fillo de Sverker II. Sucedeu a Eric X e sostivo a cruzada dos cabaleiros da espada contra os estonianos (1220).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1210-1212) e emperador latino de Constantinopla (1229-1237), fillo de Erardo III de Brienne. Participou na conquista de Nápoles. En 1235 enfrontouse aos ataques de Iván Asen de Bulgaria e Xoán III de Nicea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (969-976). Amante da Emperatriz Teófano, conspirou con ela para asasinar a Nicéforo II Focas. Bo diplomático, influenciou o clero e expulsou os rusos de Bulgaria oriental (970), que anexionou ao imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (523-526). Teodorico o Grande enviouno a Constantinopla para obrigar ao Emperador Xustino a abandonar a persecución dos arianos. O fracaso da súa misión provocou que fose detivo e encarcerado á súa volta a Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (533-535). De nome Mercurio, foi o primeiro que cambiou o seu nome cando accedeu ao pontificado. Aprobou unha profesión de fe que rematou á polémica do teopasquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela e León (1406-1454), fillo e sucesor de Enrique III e Catarina de Lancaster. O seu reinado caracterizouse polas loitas entre a monarquía e a nobreza. A dirección do partido da corte pasou a mans de Álvaro de Luna, que se converteu en privado omnipotente do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO