Xoán I

Xoán I

Rei de Castela e León (1379-1390) e señor de Bizkaia (Xoán IV), fillo de Enrique II. Casou en 1375 con Leonor de Aragón, matrimonio do que naceron Enrique (futuro Enrique III de Castela) e Fernando de Antequera (futuro Fernando I de Aragón). Viúvo, casou con Beatriz (1383), filla e herdeira de Fernando I de Portugal e, ao morrer este, tentou conquistar o reino pero foi vencido na Batalla de Aljubarrota (1385). Ao producirse o Cisma de Occidente, proclamouse partidario do papa de Aviñón (1381); o duque de Lacanster, partidario de Roma, proclamouse rei de Castela e en 1386 desembarcou en Galicia, onde atopou unha forte resistencia. O conflito resolveuse co Acordo de Baiona (1388), mediante o matrimonio da filla do duque de Lancaster con Enrique, o seu fillo primoxénito. No eido da política interior, fixo unha amplia tarefa de lexislación, reorganizou o Consello Real e o exército e suprimiu certas prerrogativas da nobreza.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Épila

  • Deceso

    Lugar : Alcalá de Henares