"Xordán" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • PERSOEIRO

    Soberano hachemita da Transxordania (1921-1951) deposto como Rei de Iraq en favor do seu irmán (1921) e nomeado polos británicos Emir da Transxordania (1923-1946). Durante a Segunda Guerra Mundial solicitou aos países islámicos o apoio ao bando dos aliados. Proclamado Rei de Xordania despois de que Gran Bretaña lle outorgara a independencia (1946), trocou o nome polo de Reino Hachemita de Xordania. Acusado por membros da Liga Árabe de aceptar a existencia do estado de Israel e a repartición de Palestina, morreu asasinado por terroristas palestinos. Sucedeuno o seu fillo, Talāl I de Xordania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monarca do Reino de Xordania (1999). Neto de Abdullah I, iniciador da dinastía hachemita, converteuse no seu cuarto monarca ao suceder ao seu pai Hussein I ao finar este en xaneiro do 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de Asia occidental situado ao O do río Xordán (5.878 km2; 2.020.298 h [estim 2000]), que abrangue as rexións históricas de Xudea e Samaria e os barrios árabes de Xerusalén oriental. Xunto coa franxa de Gaza, coa que está unida dende o 25 de outubro de 1999 por un “corredor de seguridade”, forma parte dos territorios administrados pola Autoridade Nacional Palestina (ANP) trala Declaración de Principios asinada entre Israel e a Organización para a Liberación de Palestina (OLP) o 13 de setembro de 1993. A poboación é maioritariamente palestina (83%), aínda que no 2000 existían 260 asentamentos xudeus que agrupaban unha poboación de 343.000 h. Segundo a ANP, no 2000, as principais cidades eran: Hebrón (210.000 h, 450.000 h no seu territorio), Xerusalén (156.000 h, 219.000 h no seu territorio), Nābulus (130.000 h, 430.000 h na aglomeración urbana que forma con outros catro concellos), Rām Allāh (36.000 h, 275.000 h no seu territorio), Belén (28.000 h, 100.000...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cisxordania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cisxordania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei haxemita de Xordania (1952-1999), fillo e sucesor de Ṭ alāl I. A súa participación na Terceira Guerra Árabe-israelí (1967) custoulle a ocupación israelí de Cisxordania e a presenza no país de guerrilleiros palestinos, que expulsou en 1970. Apoiou a Iraq na guerra contra Irán (1980-1988) e na Guerra do Golfo Pérsico (1991), feito que deteriorou as súas relacións co mundo occidental. Na década de 1990 levou a cabo unha intensa actividade diplomática, coa firma en 1994, en ’Ammān, dun acordo de paz co primeiro ministro israelí Yitzhak Rabin e a mediación nas negociacións entre israelís e palestinos. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias a la Concordia (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xordania (1951-52), fillo e sucesor de Abdullah I de Xordania. Foi militar, serviu no exército de Iraq, e foi proclamado príncipe herdeiro en 1946; acadou o goberno ao ser asasinado o seu pai. Declarado incapacitado por enfermidade mental, abdicou en favor do seu fillo (Hussein I de Xordania).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión de Palestina situada ao L do Xordán, correspondente ás fronteiras de Xordania tras o armisticio de 1967. Ocupada antigamente por ammonitas, moabitas e idumeos, foi sede das tribos israelitas de Gad, Rubén e parte de Manasés. Conquistada polos seléucidas (400? a C), formou parte do imperio nabateo de Petra. Baixo os asmoneos (143-63 a C) volveu formar parte do estado xudeu. Conquistada polos musulmáns (637), pasou a ser un dos seis reinos (Reino de Karak) en que foi dividida Siria baixo os califas de Bagdad. En tempos dos cruzados constituíu o principado latino de Transxordania. Tras a vitoria de Saladino en Hattin (1187) contra Reinaldo de Châtillon foi un emirato dependente dos sultáns mamelucos de Exipto. Anexionada ao Imperio Otomán (s XVI), foi ocupada polos británicos (1917), que confiaron a súa administración ao emir haxemita Abdullah ibn Hussein. Recoñecida a súa independencia (1923), a oposición sionista aconsellou a constitución dun protectorado británico nela (1928)....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á antiga Transxordania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da antiga Transxordania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Palestina (350 km). Nace en Hermōn, na confluencia das fronteiras de Israel, Líbano e Siria, e atravesa o lago de Xenesaret ou Tiberíades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Asia occidental que limita ao N con Siria, ao L con Iraq, ao SL con Arabia Saudí, ao S co golfo de ‘Aqaba e ao O con Israel (88.946 km2; 5.100.981 h [2004]). A súa capital é ‘Ammān.
    Xeografía
    Xordania é un país de fronteiras artificiais, cun porto no Mar Vermello. O relevo é xeralmente tabular sobre rochas sedimentarias, materiais volcánicos e cristalinos. O único río importante é o Xordán, que comparte con Israel e Palestina. O clima é moi árido e a vexetación predominante é a matogueira e a estepa. O estado xordano gozou dun equilibrio agrícola satisfactorio entre 1949 e 1967. Desde entón, coa ocupación por parte de Israel de Cisxordania, o sector máis fértil, a agricultura e a economía do país resentíronse. A superficie cultivable é moi pequena e a propiedade está moi dividida. Nos lugares máis húmidos pódense cultivar hortalizas, plátanos e cítricos, e no resto oliveiras, cereais e viñas. A gandaría, desenvolta...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Xordania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Xordania.

    VER O DETALLE DO TERMO