"Xustiniano" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Recompilación das constitucións imperiais promulgada por Xustiniano no ano 529. A promulgación de novas constitucións polo mesmo Xustiniano fixo necesaria unha segunda edición revisada, que é a que actualmente se conserva, e que recibiu o nome de Codex Repetitae Praelectionis (534). O código componse dunhas 4.650 disposicións imperiais sistematizadas en doce libros, divididos por materias, en seccións e títulos. O primeiro trata das fontes do dereito; dende o segundo libro ao oitavo, do dereito privado; o libro noveno, do dereito penal; e os tres últimos, do dereito público. Esta segunda edición é a que, posteriormente, se incorporou ao Corpus Iuris Civilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Iustinianus, derivado de Iustinus, xentilicio de Iustus, que vén do adxectivo común iustus, derivado de ius ‘dereito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (527-565), sobriño e sucesor de Xustino I. De nome Petrus Sabbatius, tivo por muller a Teodora, asociada ao trono como conselleira principal. Estivo dominado pola idea da reconstrución do Imperio Romano, e en Occidente, en longas campañas, levadas a termo sobre todo por Belisario, conquistou Numidia aos vándalos (533-548), a rexión do SL da Península Ibérica aos visigodos (550), dominou toda Italia e tomou Ravenna (535-554). Sostivo duras batallas contra os eslavos e os hunos, e puido estender o reino por Tracia e Iliria, ata o Danubio. Acadou unha importancia pola súa obra xurídica, recollida no Corpus Iuris Civilis, que marcou toda a lexislación medieval ata os tempos modernos. No eido da arte destacaron as obras construídas durante o seu mandato, como Santa Sofía de Constantinopla ou as igrexas de San Vitale e Sant’ Apollinaire in Classe en Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (685-711), fillo de Constantino IV Pogonato. Vencido nunha revolta provocada pola súa política antiaristocrática, exiliouse pero volveu coa axuda dos búlgaros (705) e comezou unha dura vinganza, que causou unha nova rebelión.

    VER O DETALLE DO TERMO