Alianza Editorial

Alianza Editorial

Editorial con sede en Madrid creada no 1965. Iniciou a súa actividade editorial coa colección “El libro de bolsillo”. Outras coleccións destacadas son “Alianza-Universidad” (1971), “Alianza-3” (1973), “Alianza-Forma” (1979) e “Alianza-Música” (1983). Representou un papel de primeira orde no anovamento do panorama cultural español e na súa conexión con Europa. No 1989 comprouna o grupo Anaya. A partir do ano 1999 foi adquirida, xunto co grupo Anaya, polo grupo editorial francés Havas.