Alianza dos Tres Emperadores

Alianza dos Tres Emperadores

Alianza entre Alemaña, Rusia e Austria-Hungría (1881-1887) a partir do tratado asinado o 18 de xuño do 1881. Estes países comprometíanse a permanecer neutrais no caso dun deles ser atacado por unha cuarta potencia. Recoñecían a Austria o dereito de se anexionar Bosnia-Hercegovina e daban a Rusia a seguridade de que os estreitos non serían ocupados por Gran Bretaña. Austria-Hungría e Rusia comprometíanse a non intentar modificar o statu quo balcánico.