Alianza Defensiva, La
Alianza Defensiva, La
Sociedade de agricultores e mariñeiros de Hío (Cangas do Morrazo) fundada en febreiro de 1923. Foi a primeira sociedade de mariñeiros que apareceu de xeito oficial na parroquia de Hío no período da extensión e consolidación do sindicalismo mariñeiro de clase (1910-1930), se ben a diversidade económica desa parroquia, na que alternaba a produción agrícola de autoconsumo cos labores, máis especializados, da extracción pesqueira, levou á agrupación de ambos os dous sectores económicos nunha mesma sociedade sindical.