"Yafō" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • (Santa Margarida del Penedès 1185? - Barcelona 1275) Eclesiástico. Estudou dereito canónico en Boloña (1217-1222) e fundou, xunto con san Pedro Nolasco, a orde da Mercé. Segundo a tradición foi nadando desde Mallorca a Barcelona axeonllado sobre as augas ou sobre o seu manto. Redactou os Decretais por encargo do Papa Gregorio IX e foi autor dunha Summa Iuris canonici. Pola súa obra lexislativa considérase o patrón dos avogados. Canonizárono en 1601. Iconograficamente represéntase cunha capa negra (dominicano), cunha chave de ouro (penitenciario de Roma), cunha pluma (por ser escritor) e cunha mitra no chan (por renunciar á dignidade de bispo). Ás veces aparece navegando sobre o seu manto (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 7 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do maoz de Tel-Aviv, Israel (348.100 h [1998]). Situada na desembocadura do Yarkon, na costa mediterránea, é a cidade máis grande de Israel. Fundada en 1909 como vila independente da vila árabe de Yafō (Jaffa), englobouna en 1948. Nela concéntrase a metade da industria de Israel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Israel, arrabalde de Tel­--Aviv. Formou parte do Reino Latino de Xerusalén. Coa creación do Estado de Israel (1948) foi incorporada a Tel Aviv co que formou Tel-Aviv-Yafō.

    VER O DETALLE DO TERMO