Sófocles

Sófocles

Poeta tráxico. Continuador de Esquilo, formou o seu estilo propio e conseguiu que a poesía tráxica grega acadara a súa máxima perfección formal e estética.   A Antigüidade transmitiu só sete pezas, Aiax, As mulleres de Traquis, Antígona, Edipo rei, Electra, Filoctetes e Edipo en Colonos, pero os papiros conservaron fragmentos tráxicos e un drama satírico case completo (Os sátiros rastrexadores). Co tempo, na súa obra foron aparecendo innovacións encamiñadas a suavizar as audacias de Esquilo. A acción dramática foise concentrando ao redor dunha figura central. O heroe, posto nun dilema tráxico, toma unha decisión heroica e transcendente, que marca o seu destino. Convértese polo tanto -a diferenza de Esquilo- no centro da obra, mediante unha formulación absoluta co xogo entre poderes sobrehumanos e o home. Sobre o contido das traxedias, algúns críticos fixeron notar o seu optimismo; outros remarcaron a distancia enorme que hai entre Deus e o home na súa obra.

Cronoloxía

  • Deceso

  • Nacemento

    Lugar : Atenas