"Zúric" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou enxeñería industrial en Alemaña (1897). Traballou na empresa siderúrxica da súa familia ata que, trala morte da súa nai, se dedicou á pintura. No ano 1903 trasladouse a París, onde estudiou no obradoiro de Francisco Durrio e na Académie Julien. Realizou a súa primeira mostra en 1916 na Asociación de Artistas Vascos. Cultivou as naturezas mortas, a pintura de xénero, a paisaxe e o retrato, entre os que destacan Don Miguel de Unamuno, Valle-Inclán e Pío Baroja. Colaborou na revista España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do cantón homónimo, Suíza, situada a ambos os dous lados dos ríos Limmat e Sihl, na desembocadura do lago de Zúric (337.900 h [2001]). Está flanqueada polo Uetliberg (803 m), ao SO, e polo Zürichberg (678 m), ao NL. É o principal núcleo industrial e o principal centro comercial e financeiro de Suíza. Habitada polos celtas helvecios, foi conquistada por Roma (Turicum). En 496 pasou a poder dos francos e en 843 ao imperio xermánico. En 1336 a burguesía gremial estableceu un ordenamento constitucional (Erster Geschoworener Brief), vixente ata finais de 1798 coa ocupación francesa. Ameazada polos Habsburgo, integrouse na Confederación Helvética en 1351. Reformada por Zwingli (1516), loitou contra os cantóns católicos nas Guerras de Relixión. A industria téxtil, introducida no s XVI, tivo unha grande expansión durante os ss XVII e XVIII. A catedral, Grossmünster, é a igrexa románica (s XI-XIII) máis grande de Suíza. Construída no s XI, unha boa parte do edificio actual é do s XIII. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón do N de Suíza (1.729 km 2; 1.252.800 h [2000]). A capital é Zúric. Comprende unha parte do Mittelland nororiental e esténdese desde o lago de Zúric, que inclúe a maior parte del, ata a fronteira alemá. A poboación é de lingua alemá, a maioría de confesión protestante. Destacan as industrias mecánicas, téxtiles, químicas e alimentarias. O predominio da cidade sobre o resto do cantón mantívose ata despois da revolución de xullo de 1830, cando a nova constitución cantonal estableceu a igualdade entre a cidade e o cantón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago suízo situado entre os cantóns de Sankt Gallen, Schwyz e Zúric. Ten 40 km de longo, de 1 a 4 km de ancho e 143 m de profundidade máxima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 10 de novembro de 1859 entre Austria e Francia-Sardeña, que ratificaba os acordos preliminares de Villafranca di Verona (12 de xullo) e reunificaba a Lombardia (cedida por Austria a Sardeña) e o Piemonte, para preparar así a unión territorial de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘peseta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘peso (cinco pesetas)’.

    VER O DETALLE DO TERMO