Zúric

Zúric

Cantón do N de Suíza (1.729 km 2; 1.252.800 h [2000]). A capital é Zúric. Comprende unha parte do Mittelland nororiental e esténdese desde o lago de Zúric, que inclúe a maior parte del, ata a fronteira alemá. A poboación é de lingua alemá, a maioría de confesión protestante. Destacan as industrias mecánicas, téxtiles, químicas e alimentarias. O predominio da cidade sobre o resto do cantón mantívose ata despois da revolución de xullo de 1830, cando a nova constitución cantonal estableceu a igualdade entre a cidade e o cantón.