"abita" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 26.

  • Fixar o cabo da áncora fondeada ás bitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enganchar a gabita á grade ou ao cambón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da congregación relixiosa dos Clérigos Regulares de san Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de cohabitar.

    2. Obriga xurídica nacida da natureza do matrimonio e que se constitúe sobre o feito de que os dous membros da parella vivan nunha mesma casa e nun mesmo leito. A imposibilidade de cohabitar produce unha presunción contra a paternidade.

    3. Situación na que formacións políticas de tendencias opostas comparten distintas instancias do poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que cohabita. Ex: Os cohabitantes da casa non se levan moi ben.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Habitar con alguén na mesma vivenda.

    2. Facer vida matrimonial.

    3. Compartir o poder político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura derivada da antítese, que consiste na fusión ou na convivencia de elementos contrarios dentro dun mesmo suxeito. Adoita seguir o esquema de “nin A nin B” ou “A e B”. Non se rexistra na retórica clásica, senón que aparece formulada nas preceptivas renacentistas. Emprégase a miúdo para reflectir as contradicións do individuo nas esferas amorosa ou moral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de deshabitar ou deshabitarse.

    2. Que non está habitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar o lugar onde se habita.

    2. Deixar sen habitantes algún lugar.

    3. Quedar un lugar sen habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pao longo de madeira que leva un gancho nun extremo, empregado para xunguir os bois á grade ou a unha xunta de apoio.

    2. Ave de 42 cm de lonxitude de plumaxe coas partes superiores negras e as inferiores mitra, cola branca, peteiro de cor laranxa e patas rosadas. Habita as costas mariñas onde se alimenta principalmente de moluscos e crustáceos. É unha especie escasa como niñificante na Península Ibérica onde cría en pequeno número na costa cantábrica e no norte da mediterránea. No inverno aves do norte de Europa forman grandes bandos na costa ou esteiros lamacentos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de habitable.

    2. Cédula necesaria para que un edificio poida ser habitado, que outorga a autoridade como garantía de que reúne todas as condicións sanitarias e técnicas necesarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode habitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de habitar nun lugar.

    2. Lugar onde habitan persoas ou animais.

    3. Dereito real que ten unha persoa, cos seus familiares, de ocupar nunha casa allea as partes necesarias. Pode proceder dos capítulos matrimoniais, dun testamento ou dun contrato especial. Este dereito non se pode arrendar nin ceder a outras persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar destinado a ser habitado.

    2. Lugar de pequenas dimensións destinado para as persoas, especialmente a parte dun vehículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de habitar.

    2. Que ten habitantes ou que está poboado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que habita nunha casa, nunha localidade ou territorio.

    2. Que habitan nun lugar determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación literaria e cultural editada na Coruña a partir do outono de 1984. Cesou en 1985 (nº5). Subtitulouse “Revista de criazón e ensaio”. Coordinada polo colectivo homónimo, incluíu colaboracións poéticas, un relato por entregas e varias pezas dramáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desenvolver a vida un ser vivo nun lugar.

    2. Residir nun determinado lugar.

    3. Desenvolver a vida un ser vivo nun lugar. OBS: Utilízase coa preposición en.

    4. Residir nun determinado lugar. OBS: Utilízase coa preposición en.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Área que reúne as características físicas e biolóxicas necesarias para a supervivencia e reprodución dunha especie.

      1. Modo de distribución territorial da poboación humana nos seus asentamentos. O hábitat resulta da adaptación das sociedades ao seu medio, como produto das súas relacións con el, principalmente os modos de produción. Do hábitat derivan as características distintivas dunha poboación, segundo dous puntos de vista diferentes: o da área natural e o da área cultural. O primeiro termo aplícase a áreas de clima, tipos de solo ou vexetación uniformes e a áreas que presentan unhas combinacións destes factores. O concepto de área de cultura, baseado no feito de que a cultura se localiza en espacios determinados, enténdese como unha sucesión de zonas de distribución que xiran ao redor dun núcleo, que é o centro de dispersión desde onde se difunden os trazos culturais. No proceso de mundialización ou globalización, experimentouse unha expansión do hábitat occidental a todo o mundo, favorecida pola capacidade de difusión da información.

      2. hábitat concentrado

        Forma de ocupación do espazo por parte dunha poboación humana na que os núcleos de poboación ou as vivendas se concentran ao redor dalgún punto estratéxico (encrucillada de camiños, manancial, santuario ou instalación portuaria).

      3. hábitat disperso

        Forma de ocupación do espazo por parte dunha poboación humana na que os núcleos de poboación ou as vivendas se espallan polo territorio. O asentamento da poboación no espazo está en relación co modo de produción da sociedade que o ocupa, ademais de con outros condicionantes culturais ou mesmo lexislativos, polo que o hábitat disperso sería, en determinados medios e culturas, unha estratexia para optimizar a explotación dos recursos naturais de acordo cunha estrutura social xerarquizada dun xeito concreto.

    VER O DETALLE DO TERMO