gabita
gabita
-
s
f
Pao longo de madeira que leva un gancho nun extremo, empregado para xunguir os bois á grade ou a unha xunta de apoio.
Sinónimos: cambón, soliño. -
s
f
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 42 cm de lonxitude de plumaxe coas partes superiores negras e as inferiores mitra, cola branca, peteiro de cor laranxa e patas rosadas. Habita as costas mariñas onde se alimenta principalmente de moluscos e crustáceos. É unha especie escasa como niñificante na Península Ibérica onde cría en pequeno número na costa cantábrica e no norte da mediterránea. No inverno aves do norte de Europa forman grandes bandos na costa ou esteiros lamacentos de Galicia.