Gable, William Clark
Gable, William Clark
Actor cinematográfico estadounidense. Traballou nos estudios Metro-Goldwyn-Mayer, para os que rodou máis de setenta películas. En 1931 triunfou co seu papel na película A Free Soul, e a partir dese momento protagonizou papeis de heroe ou galán. Na súa filmografía destacan os filmes Possessed (1931), Red Dust (1932), It Happened One Night (1934), Chained (1934), Mutiny of the Bounty (1935), polo que obtivo o seu primeiro Oscar, Saratoga (1937), Test Pilot (1938), Gone With the Wind (1939), polo que obtivo o seu segundo Oscar, Across the Wide Missouri (1951), Mogambo (1953), The King and Four Queens (1956) e The Misfits (1961).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cadiz, Ohio -
Deceso
Lugar : Los Angeles, California