"ager*" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

    1. Espacio modificado pola acción antrópica co fin de implantar cultivos.

    2. Na antiga Roma, campos repartidos entre os cidadáns dende o tempo de Servio Tulio. Foron a orixe da división en tribos.

    3. Na antiga Roma, patrimonio de propiedade estatal. En senso estricto, referíase ao lote de terras incultas que fora reservado ao Estado, en contraposición ao ager romanus, distribuído en explotacións privadas. Xeralmente conquistado nas guerras, o Estado, que mantiña a propiedade, cedíao para a súa explotación a arrendatarios privados ou permitía a súa ocupación a cambio dun tributo. As posibilidades de explotación e repartición do ager publicus, moi vasto en razón das ininterrompidas conquistas romanas, estiveron na orixe dos grandes conflitos sociais durante a derradeira época republicana. Contra mediados do s I, xa no Imperio, as propiedades aínda conservadas polo Estado foron incorporadas pola dinastía Xulia-Claudia ao patrimonio do Emperador. Os datos coñecidos ata o momento para o territorio galego non nos proporcionan coñecemento sobre a súa situación e extensión nin de cal foi o posterior réxime de repartición entre particulares.

    4. Territorio propio da cidade de Roma que nun principio era o único susceptible de constituír unha propiedade civil. Primeiramente dependía do ager publicus ata que este se concedeu a particulares.

    5. Terreo pertencente ao ager publicus concedido a un cidadán a cambio do pagamento dun imposto, chamado vectigal, sobre o seu produto. Aínda que a posesión fose a perpetuidade, era só unha possessio rei (‘posesión de algo’) e non un ius in re (‘dereito sobre algo’).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se ocupa da planificación, o control e a dirección dun determinado tipo de organización.

    2. Persoa que se ocupa da dirección dos intereses económicos dun artista ou dun deportista.

    VER O DETALLE DO TERMO