"alea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 72.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de abalear.
-
-
abalar.
-
Botar ao aire os cereais para limpalos e separar o gran ou a semente da palla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Categoría do xogo establecida por Roger Caillois (1958) e baseada no azar e sorte. Dentro desta categoría están xogos como a lotería e a ruleta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Substancia metálica composta por máis dun elemento. Os constituíntes das aliaxes son solucións sólidas, combinacións ou mesturas íntimas heteroxéneas de dous ou máis metais, e combinacións dun ou máis metais con elementos non metálicos, que manifestan propiedades metálicas. Exemplos de aliaxes correntes son o aceiro, o latón, o bronce, o cuproníquel e o duraluminio. Case que todos os metais son empregados principalmente en forma de aliaxes. O número de compoñentes dunha aliaxe é moi variable; as aliaxes de dous e tres compoñentes denomínanse, respectivamente, binarias e ternarias. Entre os compoñentes hai que distinguir os principais, que determinan as características básicas da aliaxe, e os modificadores, que as modifican no sentido desexado. As aliaxes correntes divídense, segundo a súa composición, en dúas grandes categorías: aliaxes férricas e aliaxes non férricas; e estas últimas subdivídense en aliaxes lixeiras e aliaxes pesadas. As aliaxes de mercurio...
-
aliaxe antifrición antifrición.
-
aliaxe dura Aliaxe de dureza moi elevada utilizada especialmente para o corte de metais, para matrices e para pezas que requiren gran resistencia á abrasión. As aliaxes duras comprenden entre outras, os aceiros rápidos, as aliaxes “Stellite” a base de cobalto, cromo e tungsteno, e os carburos aglomerados (por exemplo, os metais “Kenna” e widia), constituídos esencialmente por carburo de tungsteno (con adición de carburo de titanio, de tántalo e de niobio) aglomerado con cobalto.
-
aliaxe eutéctica Aliaxe formada exclusivamente ou case por un eutéctico.
-
aliaxe férrica Aliaxe na que o elemento fundamental é o ferro. Son as aliaxes máis empregadas e superan con moito a todas as outras en tonelaxe. Os dous tipos máis importantes son o ferro coado en todas as súas variedades, produto dos altos fornos, e o aceiro produto do afinamento do ferro coado coa adición eventual doutros elementos.
-
aliaxe fusible Aliaxe de punto de fusión moi baixo, constituído xeralmente por un eutéctico de 2 a 5 compoñentes. A denominación adoita ser aplicada especialmente ás aliaxes que funden por debaixo de 230°C. As súas principais aplicacións son os fusibles de extintores automáticos de incendios, as válvulas e os cortacircuítos fusibles, a fixación de eixos e chumaceiras, os baños de temple e revestimento, a protección de modelos de fontanería, os modelos dentais, a soldadura, o selamento de vidro con metal e certos moldeamentos delicados. Os seus principais compoñentes son: o bismuto, o chumbo, o estaño e o cadmio. Utilízanse tamén o indio, o metal de Rose e o metal de Wood.
-
aliaxe lixeira Aliaxe onde o elemento principal é o aluminio ou o magnesio (e tamén, por extensión, modernamente, o titanio). As aliaxes a base de aluminio son as máis importantes e as máis empregadas, e son utilizadas correntemente nas industrias automobilísticas, aeronáuticas e na astronáutica. As aliaxes que conteñen cando menos un 90% de magnesio, con densidade por debaixo de 1,9, chámanse, ás veces, ultralixeiras.
-
aliaxe non férrica Aliaxe que non contén ferro ou onde o ferro non é ningún compoñente principal.
-
aliaxe pesada Aliaxe non férrica formada por metais de densidade superior á do titanio (4,5). As aliaxes pesadas comprenden, en xeral, as aliaxes de cobre, níquel, zinc, chumbo e outros metais.
-
...
-
-
-
Calidade de aleatorio.
-
Propiedade das variables aleatorias de poderen tomar calquera valor dentro dun intervalo, con probabilidades fixadas previamente.
-
-
-
Que depende dun acontecemento incerto ou dunha continxencia.
-
Dise do contrato no que á prestación segura dunha parte correspóndelle unha prestación incerta doutra (renda vitalicia) ou na cal a incerteza afecta a ambas as dúas partes (a aposta).
-
-
Dise dun acontecemento que non se pode asegurar que se producirá ou que se pode producir de diversas maneiras.
-
variable aleatoria Variable que pode recibir diversos valores numéricos que dependen do azar.
-
-
música aleatoria
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica para obter a dirección dunha información a partir da clave por medio dun algarismo que a trata segundo criterios preestablecidos.
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Construíu, entre outras obras, a vila Cambiaso en Xénova (1548) e a basílica de Carignano, baseada no proxecto de Bramante para San Pedro de Roma. A súa obra, especialmente a de tipo civil, constitúe unha sorte de manierismo arquitectónico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que son coñecidas popularmente as especies do xénero Rhododendron que se desenvolveron como plantas de interior. Pertencen basicamente a dúas especies, R. x obtusum e R. simsii, de follas perennes duns 5 cm de lonxitude e flores simples ou dobres nunha ampla gama de cores, principalmente rosa, vermella ou branca, que soen crecer ata uns 45 cm de altura como plantas de testo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tocar a campá co badalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ramos finos empregados para varrer a eira logo de mallar os cereais.
-
-
Nome aplicado aos cetáceos da suborde dos misticetos, especialmente os pertencentes á familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos; os da familia dos balenoptéridos denomínanse comunmente rorcuais ( rorcual). As baleas son mamíferos exclusivamente mariños que poden acadar ata os 30 m de lonxitude e un peso de 150.000 kg. As baleas típicas carecen de dentes, no seu lugar teñen unhas formacións córneas denominadas barbas, estas son unhas composicións de queratina que presentan unha forma triangular e colgan da mandíbula superior aloxándose na inferior. As barbas actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente crustáceos eufasiáceos coñecidos co nome de krill. Nadan coa boca aberta e, cando a pechan expulsan a auga coa axuda da lingua, de xeito que o alimento queda retido. Como todos os cetáceos e a diferenza dos peixes, as baleas teñen a cola disposta no plano horizontal, con dous espiráculos ou orificios nasais, situados...
-
Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.
-
Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.
-
En Galicia existiron ata a década de 1980 tres factorías baleeiras, situadas en Cangas do Morrazo, Caneliñas de Cee e O Portiño de Morás en Xove, que se encargaban da súa pesca e da preparación dos produtos para a súa distribución no mercado. A carne, rica en proteínas, destinábase ao consumo humano e a graxa para a obtención de aceites.
-
rorcual azul.
-
rorcual común.
-
Denominación que reciben certos cetáceos de gran tamaño e de cor branca como a beluga ou, como no caso da coñecida Moby Dick, cachalotes albinos.
-
xibarte.
-
Nome que reciben as baleas da familia dos balénidos que se caracterizan por ter a mandíbula inferior arqueada e non presentar aleta dorsal.
-
Balea ártica de ata 20 m de lonxitude, con 250-350 barbas de ata 4 m de longo, manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades, e beizo inferior branco. É unha especie case que extinguida; a poboación do Océano Atlántico desapareceu no século XIX e sobrevive, en pequeno número, preto de Alasca e das illas Baffin.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Punta da península do Morrazo, na vertente setentrional da ría de Vigo, na parroquia de Darbo, concello de Cangas. A carón dela atópase o porto da Congorza, cunha antiga factoría baleeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación ecuatorial, localizada no Sur de Pisces. Atópase no seu interior Mira Ceti [o], primeira estrela variable coñecida.
-
-
Apelido que ten a súa orixe nun alcume, que posiblemente faría referencia á gordura da persoa a quen se aplicaba. Documéntase xa no s XV: “Afonso Valea” (doc ano 1442 en C. de Azevedo Maia História do galego-português. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 109).
-
Liñaxe oriúnda de Santa Marta de Ortigueira. Relacionados con esta caste están tamén os apelidos Balo, Baleira, Baleiro, Baleeira, Baleeiro, Baleato e Baleote. As súas armas levan, sobre ondas de azul e prata, unha balea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada en Verín en 1993 por Xosé Luís Martínez Carnero. Entre os espectáculos realizados por esta agrupación cómpre sinalar: O auténtico oeste, sobre un texto de Sam Shepard, estreado en 1994 con dirección de Manuel Lourenzo; Dany e Roberta (1995), con dirección de Rodrigo Roel; Parella Aberta, a partir da peza homónima de Darío Fo, presentado en 1996 con dirección de Rodrigo Roel e O contrabaixo (1999), segundo un texto de Patrick Süskind e con dirección de Damián Contreras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de varrer coa balea.
-
-
Relativo ou pertencente ás Illes Balears ou aos seus habitantes. SIN: baleárico.
-
Natural ou habitante das Illes Balears. SIN: baleárico.
-
Pobo establecido nas illas de Mallorca e Menorca antes da chegada dos romanos, que perdurou, mesturado en maior ou menor medida cos novos habitantes, durante toda a Antigüidade. Foron chamados polos gregos γυμνηται ‘os que van espidos’. De orixe incerta, eran descendentes da poboación prehistórica das illas, de base étnica difícil de precisar sobre a que influíron elementos procedentes das restantes illas do Mediterráneo. A cultura dos baleares tense denominado cultura dos talaiots, desenvolvida grazas a importacións cartaxinesas, helenísticas e romanas. Os baleares vivían en poboados rudimentarios e o seu ritual funerario baseábase na inhumación, principalmente en covas. Na Antigüidade tiveron gran sona pola súa habilidade no uso da funda e formaron parte das tropas máis escollidas do exército cartaxinés nas Guerras de Sicilia e durante a Segunda Guerra Púnica.
-
Denominación moderna aplicada ao conxunto do catalán insular, integrado polos dialectos mallorquino, menorquino e ibicenco.
-
Dereito especial vixente nas Illes Balears recollido na Compilació del dret civil especial de Balears, aprobada por lei en 1991. As institucións de dereito civil da Compilació derivan do antigo dereito propio das Illes (dereito mallorquino, menorquino e ibicenco) e afectan principalmente ao réxime económico matrimonial, á sucesión testada e contractual e a algunhas peculiaridades en materia de dereitos reais, como por exemplo o censo e o alodio.
-
Raza porcina de perfil lixeiramente cóncavo, cacheira voluminosa, fociño grande e orellas amplas, caídas e moi curtas. A súa pel e o seu pelo son de cor negra. Está considerada unha das mellores razas do Mediterráneo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
arrer empregando a balea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sector do Mediterráneo occidental, en torno ás Illes Balears, comprendido entre a Península Ibérica, a costa setentrional do Magreb, as illas de Sardeña e Córsega e o litoral do golfo de Lyon, ao O de Toulon.